Asociación Cambadesa de Marineros
Oficialmente constituída en 1894, sendo o seu principal promotor e organizador Alfredo Brañas. A de Cambados foi a asociación pioneira dentro do societarismo mariñeiro propiamente dito, e o seu regulamento foi a base de organizacións posteriores. Dun marcado carácter confesional, agrupaba no seu seo a pequenos armadores e mariñeiros (sociedade mixta). Xorde como resposta á desaparición forzosa dos Gremios do Mar (1864); reclamando e continuando a función benéfica e a ordenación dos recursos que os Gremios viñan realizando. A sociedade mariñeira de Cambados inaugurou un novo tipo de sociedade, adoptando funcións que anteriormente eran dos Gremios, tales como os servicios mutualistas, de cooperativa e de sociedade de crédito (para a compra de aparellos e demais útiles para a pesca).