"NOT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 284.

    1. Que connota.

    2. Relativo ou pertencente á connotación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático, economista e filósofo francés. Profesor de matemáticas nas universidades de Lyon e Grenoble, e inspector xeral e reitor da Académie de Dijon, está considerado como o iniciador do tratamento matemático da economía. A súa obra máis destacada é Recherches sur les principes mathématiques de la théorie des richesses (Anotacións sobre os principios matemáticos da teoría das riquezas, 1838), na que trata os problemas do cambio e das relacións entre a demanda e o prezo. Trasladou o seu interese polo cálculo de probabilidades á filosofía, campo no que destacou con Materialisme, vitalisme, rationalisme (Materialismo, vitalismo, racionalismo, 1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método para o tratamento de enfermidades, baseado na utilización de augas mineromedicinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á crenoterapia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio do momento máis adecuado para a administración dun fármaco conforme cun ritmo biolóxico circadiano (aproximadamente de 24 h) para conseguir unha potenciación máxima do efecto terapéutico e unha toxicidade mínima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concepto introducido na teoría literaria por Mikhail Bakhtin a finais da década de 1930. Procedente da teoría da relatividade de Einstein, sinala a relación de dependencia que existe entre as dimensións de tempo e de espazo na obra literaria e, en particular, na novela, onde constitúe o núcleo organizador da acción. Bakhtin desenvolveu unha teoría da novela, segundo a que os distintos cronotopos, isto é, as distintas interseccións espacio-temporais, condicionan a aparición dos subxéneros novelescos, en especial na súa etapa inicial. A tradición occidental recoñece, entre outros cronotopos, o cronotopo do encontro, determinado pola temporalidade, e cronotopo do camiño, espazo por excelencia do encontro. Na literatura galega distínguese un cronotopo do pazo ou un cronotopo da lareira, como lugar de encontro na sociedade tradicional que propicia o acceso a outros mundos a través da narración de historias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato electrónico empregado para medir intervalos de tempo moi pequenos entre dous acontecementos. Cada un dos sucesos dirixe un impulso que se envía a través dunha liña de transmisión; cada impulso parte dun extremo distinto desta e o punto da liña onde se superpoñen permite determinar o intervalo de tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de elefantes de ata 4 m de altura de longos cabeiros, virados cara a abaixo, que empregaban para arrincar as cortizas das árbores e desenterrar tubérculos. Habitaban en África, no S de Asia, e no centro e sur de Europa, dende o Mioceno ata o Pleistoceno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de denotar.

    2. Tipo de significado dunha unidade lingüística, normalmente a palabra, que ten como espello o termo connotación. Forman a denotación todos aqueles aspectos semánticos que pertencen ao mundo real ou a un mundo ficticio ou posible. Por exemplo, a denotación de rato, en galego, inclúe ‘mamífero roedor’, ‘de cor gris ou parda’, ‘con rabo’ e ‘vive nas casas ou no campo’, mentres que formarían parte da connotación ‘noxento’, ‘daniño’ ou ‘propagador de pragas’. A denotación pode opoñerse á designación: mentres na denotación o concepto remite á clase dos obxectos, na designación remite a un obxecto illado (ou a un grupo de obxectos) que forma parte do conxunto. Por exemplo, no signo lingüístico casa, a denotación estaría constituída pola clase das casas existentes que existiron ou poderían existir, mentres que esa casa ou as dúas casas constituirían a designación do signo casa no discurso. O concepto foi introducido polo pensador inglés Stuart Mill en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Servir unha cousa como marca ou sinal de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que denota ou serve para denotar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arrincar os canotos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico aparecido o 24 de novembro de 1858 na Coruña que cesou a súa edición o 12 de abril de 1866. Dirixido por Francisco Mª de la Iglesia, Benito Vicetto, Manuel Murguía, Xosé López de la Vega, Xosé Mª Montes e Froilán Salazar, contou coa colaboración de, entre outros, Antonio da Iglesia, Antonio San Martín, Ramón Buch, Domingo Camino e Alejos Pita. Impreso nos obradoiros tipográficos de Castor Míguez, foi unha das publicacións da época con maior número de subscritores. No nº 53, en xaneiro de 1859, Antonio de la Iglesia publicou a súa composición “Ribeirana”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal aparecido o 6 de marzo de 1843 en Santiago de Compostela que cesou a súa edición o 5 maio do mesmo ano. Imprimíase nos obradoiros tipográficos da Viuda e Hijos de Compañel. Incluíu novas da cidade, información de carácter económico, anuncios, santoral, efemérides e unha sección de variedades onde insería disposicións gobernativas e noticias de carácter xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación vulgar dos elefantes do xénero Deinotherium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e historiador francés. Escribiu, entre outras obras, Considérations sur les moeurs de ce siècle (Consideracións sobre os costumes deste século, 1751). Foi membro da Académie Française, na que ocupou o cargo de secretario perpetuo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade cronostratigráfica, maior ca a eratema, que equivale xeocronoloxicamente a un eón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘barbeiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘barbería’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘barbear’.

    VER O DETALLE DO TERMO