"OCR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 295.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter obreirista que apareceu en Lugo, probablemente en decembro de 1973. Subtitulado “Órgao das Comisións Obreiras de Lugo”, contiña artigos de carácter político e analizaba a situación económica e laboral de diferentes empresas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación política que agrupou a Democracia Galega, Coalición Galega, presidida por X. Posada, e Progresistas de Galicia, liderados por Manuel Soto, nas eleccións autonómicas do 2001. Presentou como candidato a Enrique Marfany, que tentou chegar a un electorado autonomista e de centro. Os resultados electorais convertéronos na quinta forza política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Pontevedra o 30 de xaneiro de 1869 como resultado da fusión de dúas publicacións próximas, La Democracia e La República Federal. Subtitulouse “Periódico federal propagandista”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico trisemanal editado en Pontevedra en 1868 que substituíu a La Democracia de Pontevedra. Subtitulouse “Órgano republicano federal”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de J. M. Madrigal e Cía. Nos seus artigos analiza aspectos relacionados co proceso revolucionario da Gloriosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico aparecido en 1885 en Ferrol. Fundado e dirixido polo impresor Francisco Suárez García, quen foi encarcerado en diversas ocasións, constituíu o órgano de expresión dos membros do partido republicano. Cesou probablemente en 1896 debido á división interna dos republicanos despois da incorporación da ideoloxía socialista. Enfrontouse acotío a El Correo Gallego e La Monarquía, voceiros da clase media e conservadora, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia republicano-lerrouxista, aparecida en Caldas de Reis en 1903. De periodicidade decenal, subtitulouse “Semanario defensor de los intereses morales y materiales del distrito”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario que apareceu en outubro de 1910 en Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario que apareceu en Lugo no ano 1913 e que probablemente tivo unha segunda época de edición en 1916.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen é partidario da democracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bisemanario aparecido en setembro de 1904 en Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en 1913 na cidade de Lugo que levaba por subtítulo “Semanario independiente”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á democracia cristiá.

    2. Partidario da democracia cristiá ou membro dun partido democratacristián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político norteamericano que naceu a finais do s XVIII con motivo das discusións que sobre os poderes do goberno nacional se fixeron na convención de 1787. Fundado por Thomas Jefferson en 1792, buscaba unha participación máis ampla no goberno, fronte ao elitista Federalist Party. En 1798 adoptou o nome oficial de Democratic-Republican Party e en 1800 accedeu por primeira vez á presidencia con Jefferson. Era un partido fundalmente aristocrático ata a elección como presidente de Andrew Jackson en 1829, considerado outro dos grandes fundadores do partido. En 1844 adoptaron o nome simplificado de Democratic Party. Xeograficamente, os demócratas eran, na súa maioría, habitantes do sur dos EE UU. O problema da escravitude dividiu o partido: na convención de Charleston presentaron dous candidatos ás eleccións de 1860, feito que favoreceu a súa derrota. Entre 1860 e 1932 o partido só ocupou a presidencia durante sete anos. T. Woodrow Wilson (1913-1921) abriu unha nova etapa ao establecer o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á democracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de demócrata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de democratizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar a algo carácter democrático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino procedente do grego Δ ῆ μοκριτος ‘o que xulga o pobo’, nome composto de δ ῆ μος   ‘país, pobo’ e κριτός ‘xuíz’. Leva este nome un mártir celebrado o 31 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo grego. Foi discípulo de Leucipo e director da escola de Abdera. Fundador do primeiro atomismo grego, as súas teorías opuxéronse ás de Platón. O seu pensamento destacou por subliñar a incerteza das impresións sensibles e por establecer un conxunto de principios válidos para a explicación do universo: o cheo ou ser e o baleiro ou non ser, que semellan unha síntese de Heraclio e da doutrina eleática. Defendeu que toda a materia estaba composta por diminutas partículas infinitamente pequenas, polo tanto, indivisibles, eternas, inmutables, indestrutibles e rodeadas do baleiro. Así mesmo, defendeu que as diferencias físicas existentes entre os átomos orixinaban as distintas propiedades de cada substancia. Sostiña, tamén, que o movemento dos átomos se definía segundo as leis inmutables da natureza polo que estableceu unha idea mecanicista do universo. A súa doutrina, ademais, contén unha concepción do mundo que inclúe a ética como unha das partes esenciais. Pensaba que mediante o coñecemento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que, baseándose no estudo dos aneis de crecemento das árbores, establece unha cronoloxía e obtén datos climáticos e ecolóxicos de tempos pasados.

    VER O DETALLE DO TERMO