Demócrito
Filósofo grego. Foi discípulo de Leucipo e director da escola de Abdera. Fundador do primeiro atomismo grego, as súas teorías opuxéronse ás de Platón. O seu pensamento destacou por subliñar a incerteza das impresións sensibles e por establecer un conxunto de principios válidos para a explicación do universo: o cheo ou ser e o baleiro ou non ser, que semellan unha síntese de Heraclio e da doutrina eleática. Defendeu que toda a materia estaba composta por diminutas partículas infinitamente pequenas, polo tanto, indivisibles, eternas, inmutables, indestrutibles e rodeadas do baleiro. Así mesmo, defendeu que as diferencias físicas existentes entre os átomos orixinaban as distintas propiedades de cada substancia. Sostiña, tamén, que o movemento dos átomos se definía segundo as leis inmutables da natureza polo que estableceu unha idea mecanicista do universo. A súa doutrina, ademais, contén unha concepción do mundo que inclúe a ética como unha das partes esenciais. Pensaba que mediante o coñecemento se conseguía a virtude, baseada no equilibrio interno entre o tumulto das paixóns e a prudencia. Como matemático, xeómetra ou astrónomo, estudiou e reflexionou sobre múltiples aspectos da natureza, neste sentido, cómpre salientar que escribiu varios tratados sobre estes temas que se perderon. Atribúenselle, ademais, varios teoremas referidos ao calculo de volumes. Os escritos que se conservan agrúpanse en trece tetraloxías, que se clasifican baixo cinco temas: libros éticos, físicos, matemáticos, filolóxicos e técnicos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Abdera, Tracia