"OLP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 92.
-
PERSOEIRO
Químico canadense. Estudiou os procesos electroquímicos elementais, a transferencia de electróns e a teoría das reaccións moleculares, campos en que aplicou modelos matemáticos. Recibiu o Premio Wolf de Química (1984) e o Premio Nobel de Química (1992) pola súa contribución á teoría da transferencia de electróns.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo e narrador belga. Coñecido como Michel de Ghelderode, foi autor dunha obra de especial relevo que se sitúa entre o teatro da crueldade de Artaud e o teatro de formas populares como os monicreques. A súa primeira obra importante foi La mort du Docteur Faust (1924), modernista. Escribiu fantasías, actos únicos e representacións sacras modernas, como Beelddekens uit het leven van Sint Franciscus (Imaxes da vida de san Francisco, 1927), cunha formulación de music-hall, Escurial (1927), Magie Rouge (1931), La ballade du Grand Macabre (1936), Barabbas (1933), Hop Signori! (1935) e La farce des ténebreux (1936). O seu Théâtre complet (1942-1943) foi prohibido pola censura durante a ocupación alemana. Varios textos seus foron traducidos ao galego por Henrique Harguindey e Francisco Pillado, mentres Ollomoltranvía presentou un espectáculo a partir do texto Escola de bufóns.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Especializado en dereito, da súa produción destacan Las particularidades de derecho patrimonial en el noroeste de España, ante la compilación gallega y el Código Civil (1964), o ensaio Separatismo e unidade: unha mitificación histórica (1970), cun prólogo de Ramón Piñeiro, e A reforma da compilación do dereito civil en Galicia (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo. Formou parte da dirección dos observatorios de Mount Wilson e de Mount Palomar. Dedicouse ao estudo das galaxias e descubriu a existencia de dous tipos de supernovas, que denominou tipo I e tipo II. Identificou en 1954, xunto con W. Baade, unha fonte de emisión radioeléctrica da constelación de Cisne.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. En París fixo amizade con Díaz de la Peña, que o puxo en contacto coa escola de Barbizon. Cultivou o retrato con obras como L’Arlesiana (1870-1871) e escenas de xénero e de circo, como Serenata. A súa valoración da cor constitúe un antecedente do impresionismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e decorador ucraíno. Coñecido como Cassandre, foi un dos creadores do cartel publicitario moderno. Entre os seus carteis destacan Le Bûcheron (1923) e Dubonnet (1932). Tamén decorou obras teatrais como Amohytryon 38 de Giraudoux (1934), óperas como Don Giovanni de Mozart, e ballets.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización para a Liberación de Palestina.
-
-
Relativo ou pertencente ás olpidiáceas.
-
Fungo da familia das olpidiáceas.
-
Familia de fungos da orde das blastocladiais formada por individuos que son parasitos endocelulares.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de tecidos que están situados arredor da vaxina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Giuseppe Pellizza.
-
MONTES
Monte situado no extremo NO da parroquia de Navallos (Ribeira de Piquín). O seu cumio acada os 837 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acumulación de pus na vaxina.
-
-
-
Parte carnosa dun órgano ou dunha parte do corpo, como a polpa dentaria ou a do dedo.
-
barriga da perna.
-
-
Parte carnosa dos froitos ou outros órganos vexetais, especialmente se é moi mol.
-
Residuos industriais de produtos agrícolas que se empregan para a fabricación de pensos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desintegración mecánica das partes moles dos vexetais, ata reducilas ao estado de polpa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea perenne, de ata 60 cm de altura, follas alternas, palmatilobuladas, redondeadas, as basais pecioladas e as superiores sésiles, flores pequenas rosas ou brancas e froito ovoide. Florece entre maio e xullo. Habita en bosques caducifolios, na parte atlántida da Península Ibérica e sistemas montañosos do interior. En Galicia dáse en fragas e devesas do interior. Emprégase como planta medicinal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de desperdicios ou restos miúdos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten polpa.
-
PERSOEIRO
Estatístico, matemático e astrónomo. Profesor en Gante e Bruxelas, dirixiu a construción do observatorio de Bruxelas, do que foi o seu primeiro director. Aplicou a teoría das probabilidades nas ciencias sociais e na antropometría, de onde xurdiu o concepto do home medio, central na súa teoría, para referirse ao conxunto das características máis comúns. Foi o primeiro en aplicar a estatística aos fenómenos sociais, base da socioloxía e do neopositivismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto estadounidense. Partiu do brutalismo e desde 1958 chegou a un manierismo que, nas últimas realizacións, conformou as formas decorativas. Destacan os departamentos de arquitectura e arte da Yale University, New Haven (1959-1963), a facultade de agricultura de New Haven (1958), o Wellesley College de Boston (1959), o concello de Siracusa (1964), a urbanización Stanford Harbour de Virginia (1966), o Graphic Art Center de Nova York (1968), as oficinas en Nagoya, Xapón (1971), e en Fort Worth, Texas (1979), e os apartamentos en Singapur (1979-1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antoine-Joseph Sax.