Rudolph, Paul

Rudolph, Paul

Arquitecto estadounidense. Partiu do brutalismo e desde 1958 chegou a un manierismo que, nas últimas realizacións, conformou as formas decorativas. Destacan os departamentos de arquitectura e arte da Yale University, New Haven (1959-1963), a facultade de agricultura de New Haven (1958), o Wellesley College de Boston (1959), o concello de Siracusa (1964), a urbanización Stanford Harbour de Virginia (1966), o Graphic Art Center de Nova York (1968), as oficinas en Nagoya, Xapón (1971), e en Fort Worth, Texas (1979), e os apartamentos en Singapur (1979-1980).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Elkton, Kentucky

  • Deceso

    Lugar : Nova York