Martens, Adhemar Adolphe Louis

Martens, Adhemar Adolphe Louis

Dramaturgo e narrador belga. Coñecido como Michel de Ghelderode, foi autor dunha obra de especial relevo que se sitúa entre o teatro da crueldade de Artaud e o teatro de formas populares como os monicreques. A súa primeira obra importante foi La mort du Docteur Faust (1924), modernista. Escribiu fantasías, actos únicos e representacións sacras modernas, como Beelddekens uit het leven van Sint Franciscus (Imaxes da vida de san Francisco, 1927), cunha formulación de music-hall, Escurial (1927), Magie Rouge (1931), La ballade du Grand Macabre (1936), Barabbas (1933), Hop Signori! (1935) e La farce des ténebreux (1936). O seu Théâtre complet (1942-1943) foi prohibido pola censura durante a ocupación alemana. Varios textos seus foron traducidos ao galego por Henrique Harguindey e Francisco Pillado, mentres Ollomoltranvía presentou un espectáculo a partir do texto Escola de bufóns.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Elsene

  • Deceso

    Lugar : Bruxelas