"Odón" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 142.

  • Aplícase ao tipo de molar en que a superficie libre da coroa ten os relevos unidos formando cristas transversais, como nos perisodáctilos e nos roedores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos proboscídeos, da familia dos elefántidos, ao que pertencen o elefante de sabana e o elefante de bosque.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera proboscídeo fósil do grupo dos mastodontoides.

    2. Persoa, animal ou cousa moi grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mastodontes.

    2. Que é de grandes proporcións ou dimensións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mastodontoides.

    2. Mamífero do grupo dos mastodontoides.

    3. Grupo de mamíferos fósiles, da orde dos proboscídeos, que teñen de 1 a 3,30 m de altura na cruz e posúen molares de coroa baixa, coa superficie debuxada de cristas transversais. Atópanse fósiles desde o Oligoceno ata o Plistoceno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección dos dentes de leite que se tornan denegridos a causa da destrución do esmalte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cetáceos, da familia dos zífidos, que presentan o fociño estreito e alongado. A mandíbula inferior é máis longa ca a superior e posúen unha grande aleta caudal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade de Peloponeso, Grecia, situada na costa SO de Messenia, no alto dun promontorio que domina o Mar Xónico. Habitada desde o ano 2000 a C, a finais do s VIII a C foi conquistada polos espartanos. Independente durante o s IV a C, tívose que adherir á Liga Aquea (191 a C) e pasou posteriormente ao dominio de Roma. En época bizantina foi un refuxio de corsarios, que os venecianos destruíron en 1124.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten un só dente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos monodóntidos.

    2. Mamífero da familia dos monodóntidos.

    3. Familia de mamíferos, da orde dos cetáceos, semellantes aos delfíns, que presentan a fronte alta e globular, fociño obtuso, dentes multituberculados e carecen de aleta dorsal. Comprende dúas especies Delphinapterus leucas e Monodon monoceros. Habitan no Océano Ártico e nos mares que o rodean, e aliméntanse de peixes, cefalópodos e crustáceos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten unha soa dentición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Isin (1124-1103 a C). Reinou sobre Babilonia e o sur de Mesopotamia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Babilonia (605-562 a C), fillo de Nabopolasar. Foi o soberano máis destacado da dinastía caldea. En nome do seu pai, derrotou o faraón Nekao II en Karkemis (605) e a súa política exterior orientouse cara a Siria e Palestina, onde obtivo grandes éxitos sobre os reis locais. En política interior emprendeu grandes construcións e protexeu as artes e a literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos notodóntidos.

    2. Insecto da familia dos notodóntidos.

    3. Familia de insectos pterigotos, da orde dos lepidópteros, que se caracteriza por unha pilosidade abundante que forma unha crista por riba do tórax, conspicua en repouso, xa que adoitan pregar as ás, poñéndoas en ángulo obtuso. Son macrolepidópteros nocturnos, de cores crípticas e coa espiritrompa atrofiada. Esta familia inclúe dúas subfamilias: os notodontinos, eirugas con cores rechamantes que adoptan posturas intimidantes e que evaxinan tubos defensivos do apéndice anal bífido; e os taumetopeinos, denominados habitualmente procesionarias, eirugas gregarias e urticantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos octodóntidos.

    2. Mamífero da familia dos octodóntidos.

    3. Familia de mamíferos, da orde dos roedores, que se estende pola rexión andina de América do Sur. Son animais de tamaño pequeno (de 10 a 20 cm), nocturnos e vexetarianos, que constrúen complicadas redes de galerías subterráneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino derivado do xermánico Oto ou Otho, procedente de aud ‘posesión, riqueza’. Presenta a variante Otón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 1070 -? 1133) Bispo de Bamberg. Promoveu a edificación de igrexas e mosteiros. Represéntase con vestiduras episcopais e como atributos presenta unha maqueta de igrexa, por ser fundador; frechas ou cravos, xa que recollía as frechas dos soldados e llas daba aos monxes para facer cravos para as igrexas; e un can, animal avogoso contra a rabia en Alemaña. A súa festividade celébrase o 2 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Segundo abade de Cluny (927-942). Formouse na corte do duque da Aquitania e converteu o seu mosteiro no primeiro centro de espiritualidade de Occidente á vez que reformou cenobios de Francia e Italia. Foi reformador da orde beneditina e obtivo a dependencia directa do papa para os mosteiros cluniacenses. Teórico musical, interesouse pola notación e a determinacion de diversos intervalos da escala. Fixo as sistematización da notación teórica e substitíu as letras gregas polas latinas, fixo coincidir o Α coa nota la. Represéntase con vestiduras de abade beneditino e porta báculo. A súa festividade celébrase o 18 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Frade e historiador xermánico, neto do Emperador Enrique IV. Foi abade do mosteiro de Morimond e bispo de Freising. Asistiu á segunda cruzada e foi conselleiro político de Federico I Barbarrubia. Escribiu Gesta Friderici imperatoris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? 1095 -? 1122) Bispo da Seu d’Urgell e reformador. Na súa iconografía viste de bispo con báculo e mitra. A súa festividade celébrase o 7 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO