Modón

Modón

Localidade de Peloponeso, Grecia, situada na costa SO de Messenia, no alto dun promontorio que domina o Mar Xónico. Habitada desde o ano 2000 a C, a finais do s VIII a C foi conquistada polos espartanos. Independente durante o s IV a C, tívose que adherir á Liga Aquea (191 a C) e pasou posteriormente ao dominio de Roma. En época bizantina foi un refuxio de corsarios, que os venecianos destruíron en 1124.