"Oia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 187.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar onde hai moitos coios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe debido ao lanzamento dun coio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín municipal en galego que se editou en Noia a partir de decembro de 1989. Subtitulado “Boletín informativo”, informaba do labor desenvolvido polo concello en distintas áreas, como a educación, a cultura, a saúde, o tráfico, os deportes, obras, etc. Ilustrado con fotografías, incluía unha páxina de humor asinada por Mariño.
-
-
Apelido de orixe toponímica procedente do latín custodĭa, que, aplicado á toponimia, designa lugares elevados dende onde se pode vixiar, observar e custodiar algo. Documéntase no século XVIII: “Francisca Costoia” (doc ano 1752 en Santiago 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 156). Variantes gráficas deste apelido motivadas polo efecto castelanizador son Costolla e Costoya.
-
Liñaxe que leva como armas, en campo de ouro, unha banda de azul, acompañada de dúas flores de lis da mesma cor, unha arriba e outra abaixo. Algunha variante trae, en campo de sinople, unha faixa de ouro, cargada dun losanxe de azul.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en Xenebra en 1973, subtitulada “Revista de cómic galego”, pertencente a Edicións Roi Xordo. Estaba composta por cómics da autoría dos seus fundadores, Xesús Campos e Xosé Díaz, que titularon “Cultura Xeral”, “Bumba” e “Oscilaciós”, nos que se trataba a crítica política contra a ditatura e os nacionalismos extremistas, e contra a guerra e a opresión policial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
carabuña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Croio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar no que hai moitos croios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Croio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Croio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
coiazo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pensamento racional discursivo na filosofía grega, intermedio entre a noese (νόησις), pensamento intuitivo directo, e a opinión (δόξα).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especie de diálogo poético-musical que sosteñen dúas persoas, normalmente un mozo e unha moza, que cantan alternativamente coplas improvisadas, en moitas ocasións irónicas, para probar quén ten máis enxeño.
-
-
Facer ou participar nas enchoiadas.
-
Namorar por medio de enchoiadas.
-
-
-
Adornar algo ou a alguén con xoias.
-
Adobiarse alguén con xoias.
-
-
PERSOEIRO
Trobador portugués da escola lírica galego-portuguesa, pertencente á liñaxe dos Pereiras, documentado no último cuarto do s XIII. A xulgar pola súa colocación nos cancioneiros B e V, non se pode identificar con Estevan Faian, cabaleiro pertencente a unha liñaxe dese nome, talvez de orixe galega ou castelá, e activo no segundo terzo do s XIII. Tras abandonar o reino de Portugal, en data e circunstancias descoñecidas, asentouse en Castela. A súa actividade nos círculos áulicos remóntase aos últimos anos do reinado de Afonso X, momento en que está documentado entre os partidarios do infante don Sancho, primeiro como xuíz en Salamanca, e, en 1283, como meirinho-mor do infante en León e Asturias. Co ascenso ao trono de Sancho, ocupou de novo o cargo de meirinho-mor de León, confirmando distintos documentos con esa atribución (1287-1289). Nos anos seguintes, o trobador desenvolveu un papel relevante na corte; así, en 1290 interveu no confito que enfrontou a Sancho IV con Juan Núñez de Lara; en...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase á aguia imperial ou aguia bicéfala, ás veces coroada, representada coas alas estendidas sen que estas cheguen a tocar as cabezas.
-
Aplícase á aguia monocéfala coas alas estendidas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo confederal que abranguía os sindicatos de Noia, Lousame, Serra de Outes, Escarabote, A Pobra, Porto do Son e Portosín afiliados á CNT. Constituíuse durante a Fronte Popular grazas ao labor de Enrique Fernández e Claro José Sendón.
-
PERSOEIRO
Trobador. Activo no terceiro cuarto do s XIII, posiblemente pertenceu á liñaxe de Durão Froiaz, chanceler de Sancho II de Portugal. Do escarnio de Alfonso X “Don Airas, pois me rogades” -que é un contrafactum da súa cantiga “Juravades-mi vós, amigo”, elaborado segundo as técnicas da cantiga de seguir codificadas na Arte de Trobar do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B)- poderíase deducir que o poeta frecuentou a corte e o círculo literario de Afonso X o Sabio. O manuscrito B e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (V) recollen catro cantigas de amigo da súa autoría.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
alcacén.