Fernan Froiaz

Fernan Froiaz

Trobador. Activo no terceiro cuarto do s XIII, posiblemente pertenceu á liñaxe de Durão Froiaz, chanceler de Sancho II de Portugal. Do escarnio de Alfonso X “Don Airas, pois me rogades” -que é un contrafactum da súa cantiga “Juravades-mi vós, amigo”, elaborado segundo as técnicas da cantiga de seguir codificadas na Arte de Trobar do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B)- poderíase deducir que o poeta frecuentou a corte e o círculo literario de Afonso X o Sabio. O manuscrito B e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (V) recollen catro cantigas de amigo da súa autoría.