"Oza" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 212.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á variede de uva tinta de sabor moi doce.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Ribadavia. As súas armas levan, en campo de azul, unha uva dozal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cantidade de grans, sementes ou calquera outra cousa que cabe no oco que forman as palmas das mans ao xuntalas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sobremesa cubana composta dunha froita envolta nunha pasta.
-
-
Colocar o bozo aos animais para impedir que traben.
-
Cubrir a parte inferior da cara cunha peza de vestir ou outra tela.
-
Disimular ou ocultar o que se pensa.
-
Cubrir o rostro pola parte inferior ata os ollos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de empozar.
-
-
Meter algunha cousa nun pozo ou poza.
-
enriar.
-
Repoboar un terreo con cepas novas.
-
Quedar a auga ou outro líquido estancado nun lugar en forma de pozas.
-
-
PERSOEIRO
Mártir cristiá, irmá de san Valentín e san Frutos. Levou unha vida eremítica e sufriu martirio durante a invasión árabe. A súa festividade celébrase canda seu irmán san Valentín, o 14 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Facer un esbozo de algo.
-
Iniciar ou insinuar levemente un xesto.
-
-
PERSOEIRO
Escultor venezolano. Formouse na Escuela de Artes Plásticas Cristóbal Rojas de Caracas (1969-1977) e no Pratt Graphics Institute e na School of Visual Arts de Nova York (1977-1980). Na súa obra acadou unha grande importancia a valoración do obxecto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador venezolano. Formouse na Escuela de Artes Aplicadas Arturo Michelena de Valencia (1953) e na Escuela de Artes Aplicadas Cristóbal Rojas de Caracas (1955-1957), e ampliou estudios en Berlín, París e Roma. Foi director do movemento El Círculo del Pez Dorado e pertenceu ao Centro de Enseñanza Gráfica (CEGRA) e ao Taller de Artistas Gráficos Asociados (TAGA). Participou en 1967 na creación da Galería de Arte Nacional e no proxecto de creación da Escuela de Artes Plásticas. Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas en 1987.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e médico. Militou no Partido Progresista e foi o representante de M. Ruiz Zorrilla durante o seu exilio. Como profesional da medicina foi o introdutor da neuropsiquiatría en España, o inventor da terapía ocupacional e construíu un sanatorio mental en Carabanchel. Trala morte de Ruiz Zorrilla (1895) aceptou a dirección do partido.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
rela.
-
GALICIA
Escritora. Novelista romántica, da súa produción destaca El Avia y el Miño, Las once mil vírgenes, El antifaz de terciopelo e La víctima de su vanidad.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Uttar Pradesh, India, situada nunha chaira aluvial na beira esquerda do río Yamuna (215.089 h [1991]). Destruída polos musulmáns no s XVI, foi reconstruída polo Emperador Akbar (1556-1605).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Portomarín baixo a advocación de san Lourenzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Remover ou levantar a terra co fociño.
-
Escarvar na terra co fociño.
-
Andar nunha cousa deixándoa fóra do seu sitio.
-
-
Andar en algo cos dedos ou con calquera outra cousa.
-
Realizar un traballo sen xeito ou sen saber.
-
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ponteareas baixo a advocación de san Bertomeu.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia oriúnda de Pontevedra. Patróns da capela da Anunciación na igrexa conventual de San Francisco, como portadores do morgado de Raxoo por seren descendentes do fundador, Antonio García de Raxoo, e da capela das Candeas no templo de Santa María a Grande. Posuían numerosos bens inmobles en Pontevedra e os seus arredores, así como nas provincias de Ourense e da Coruña, e en Ponferrada e Astorga. A súa orixe remóntase ao s XVI con Sancho Gago e o seu neto Domingos Agulla Gago de Figueroa que, por matrimonio, posuíu o morgado dos Raxoo, e fundou o morgado dos Gago en 1581. Entre os seus membros destacaron Xoana Gago Figueroa, Antonio Gago de Cervela e Novoa, Antonio Bieito Gago de Mendoza e Soutomaior, Mariana Xosefa Gago Mendoza de Oca, Bieito Gago Tavares e Telmo Gago Agulla Montenegro. Unha das súas ramas emparentou cos Caamaño e no s XVIII acadaron por sucesivos matrimonios o marquesado de Leis. Na Guerra da Independencia destacou un dos seus membros, Xoán Gago. Xosé María Montenegro...
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, accidentado polos contrafortes setentrionais da serra de Aracena (1.594 h [1996]). Declarada vila en 1553, do seu patrimonio cultural destacan a igrexa da Purísima Concepción (s XVII), as ermidas de Santa Brígida (ss XIII-XIV) e do Carmen (ss XVII-XVIII) e a Fuente de los Doce Caños (s XIX).
VER O DETALLE DO TERMO