Galaroza

Galaroza

Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, accidentado polos contrafortes setentrionais da serra de Aracena (1.594 h [1996]). Declarada vila en 1553, do seu patrimonio cultural destacan a igrexa da Purísima Concepción (s XVII), as ermidas de Santa Brígida (ss XIII-XIV) e do Carmen (ss XVII-XVIII) e a Fuente de los Doce Caños (s XIX).