"PLA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 722.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1980 por unha trintena de artistas, críticos e persoeiros do eido da cultura baixo a presidencia de Xulio Maside. O seu fin prioritario é promover o desenvolvemento e perfeccionamento da cultura artística galega entre os seus membros e no ámbito social, así como a defensa e pulo da arte na escultura, na ornamentación ambiental, no gravado, na arquitectura, etc. Xunto coa Asociación de Artistas de Pontevedra e a Asociación de Artistas de Ourense, constituíu a Federación Galega de Artistas Plásticos en 1990 coa presidencia de Miguel Mosquera. Froito do dinamismo cultural promovido por esta asociación, creouse o Grupo Nome integrado polos pintores X. Maside, X. G. Pardiñas, Morquecho, Bibian, Anselmo Lamela, Quintana Martelo e a escultora Mª Xosé Díaz. Actualmente está obsoleta, só ten existencia a nivel enunciativo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Altiplano de Australia, situado ao NL do estado de Queensland (130 km2).
-
-
de atiplar.
-
Con voz como a do tiple, aguda e en ton elevado.
-
-
-
Alzar o ton da voz ou dun instrumento, ata chegar a tiple.
-
Facer máis aguda a voz, convertela en tiple.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación cirúrxica na que se substitúe unha rexión destruída por un tecido semellante, procedente do mesmo individuo. O tecido substituído é habitualmente pel ou mucosa. Recórrese a ela sobre todo na cura de ulceracións, queimaduras, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á autoplastia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso cirúrxico de restauración de partes danadas, mutiladas ou que faltan dun organismo, por transferencia de tecidos obtidos previamente do mesmo organismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Protoplasma hialino e homoxéneo que contén o axón das células nerviosas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa político elaborado polo Partido Liberal mexicano na poboación de Ayutla (Guerreiro) no 1854, que recollía os postulados de José María Luis Mora. Establecía a liberdade civil na súa plenitude e moi especialmente a de conciencia. A constitución mexicana do 1857 recolleu todos os principios liberais deste movemento ideolóxico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bacterias que viven en suspensión en augas continentais ou mariñas formando parte do plancto. Aliméntanse de materia orgánica soluble liberada polo metabolismo e a descomposición doutros organismos de toda a columna de auga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cirurxía plástica do glande do pene.
-
PERSOEIRO
Emperador de Constantinopla (1204-1205). Fillo de Balduíno V, conde de Hianaut, e de Margarita I, condesa de Flandres, reuniu ambos os dous condados en 1195. Loitou ao lado de Inglaterra contra Filipe II Augusto de Francia. Polo Tratado de Peronne (1200) obtivo do Rei francés a retrocesión do nordeste do Artois. Foi un dos líderes da Cuarta Cruzada, que instaurou o Imperio Latino de Constantinopla, do que foi elixido Emperador grazas ao apoio de Venecia. Derrotado e feito preso polos búlgaros na Batalla de Adrianópolis (1205), probablemente foi executado por orde do Tsar búlgaro. Sucedeuno o seu irmán Enrico I.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Constantinopla (1228-1261). Fillo de Pedro II de Couternay, sucedeu ao seu irmán Roberto I; reinou asociado ao seu sogro Xoán de Brienne (morto en 1237). Tivo que facer fronte ás reivindicacións ao trono de Bizancio dos emperadores de Nicea: Xoán II Ducas Vatatzes, que conquistou Adrianópolis e Tesalónica, e Miguel VIII, que se apropiou de Constantinopla, de onde fuxiu Balduíno II. No ano 1267 concertou con Carlos de Nápoles o Tratado de Viterbo, a cambio da axuda para recuperar o Imperio perdido, cedeulle unha parte do Imperio e concertou a voda do seu fillo e herdeiro, Filipe de Courtenay, con Beatriz de Nápoles (estipulábase que se Filipe morría sen fillos, os seus dereitos revertían no pai desta, Carlos I).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proposta norteamericana á comisión de enerxía atómica da ONU (1946). Elaborada por Bernard Mannes Baruch e modificada por David Eli Lilienthal, recomendaba a creación dun mando único internacional que controlara o emprego da enerxía nuclear e a construción de bombas atómicas a nivel mundial. O plan foi rexeitado pola Unión Soviética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Área montañosa da rexión sudanesa de Nixeria, formada por un altiplano de gneises do cal sobresaen altiplanos residuais ou monadnocks de granito. É o lugar máis importante de África en explotación de casiterita, da que se extrae o estaño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de Eugenio D´ors en lingua catalá publicada en 1911. Considerada como o breviario do Novecentismo, representa unha reacción contra o Modernismo, ao mesmo tempo que propón un programa de exaltación do Clasicismo e da tradición.
-
-
Aprobación de quen é superior (xeralmente expresada por escrito coa fórmula visto bo).
-
Consentimento que se pide ou se concede para realizar algunha cousa.
-
Segundo o Código de Dereito Canónico, consentimento ou aprobación da Santa Sé esixida para a validez de determinados actos.
-
Aprobación reservada ao Rei.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plano inclinado onde se sitúan, aliñados, os hipocentros dos sismos profundos. Localízase na parte superior da litosfera, cando esta se afunde nas zonas de subdución. Denomínase tamén como zona de Benioff.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plano da reforma social británica que se desprende do Report on Social Insurance and Allied Services (Informe sobre a Seguridade Social e servicios anexos, 1942), formulado pola comisión presidida por William H. Beveridge. Pretendía redistribuír a renda nacional a través dos seguros sociais e dos subsidios familiares. O financiamento do programa repartíase a medias entre os patróns e os traballadores, dunha banda, e os ingresos procedentes dos impostos, da outra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Meseta da rexión central de Angola, elevada a unha altura media de 1.500 m. No seu interior, na parte NO, érguese o monte Môco (2.619 m), altitude máxima do país e divisoria de augas; nel nacen, entre outros, os ríos Cuanza, Cubango, Cunene e Cuando. O seu clima é temperado, ao estar matizadas polo factor altitude as condicións que lle corresponderían pola súa latitude tropical (11°-15° S): Kuito, situado no centro do altiplano, ten unha temperatura media anual de 19°C e rexistra unha precipitación de 544 mm anuais, recollidos sobre todo no verán. Predomina a vexetación de sabana e as explotacións agrarias, principalmente plantacións comerciais, sitúanse ao longo da liña do ferrocarril de Benguela ao Congo, que atravesa o altiplano conectando os seus principais núcleos de poboación (Huambo, Kuito, Camacupa, etc).