"PS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 561.
-
PERSOEIRO
Escultor renacentista francés. Foi axudante de Primaticcio en Fontainebleau (1536). Traballou no panteón real de Saint-Denis de París, na tumba de Francisco I. É autor do monumento funerario de Charles de Maigny (1557).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos espáridos ao que pertence a boga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación típica dos riles dos mamíferos, que consiste na dilatación do nefrón, en forma de copa, que contén o glomérulo e que recolle o ultrafiltrado glomerular (ouriños primarios) para conducilo cara ao túbulo renal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sigla que designa os bits por segundo, unidade de medida da velocidade de transmisión de datos, que equivale a un baudio se só hai dous niveis de sinal, por exemplo o cero e mais o un das transmisións binarias. Utilízase fundamentalmente para medir a velocidade dun módem, ou sexa os bits por segundo que é capaz de transmitir ou recibir. Adoita ser a medida máis empregada para a velocidade de transmisión de datos. Así, por exemplo, algúns dos módems actuais operan cunhas velocidades máximas de transmisión de 56.600 bps.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dixestión lenta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lentitude, a miúdo anormal, dos procesos psíquicos do pensamento.
-
-
Relativo ou pertencente ás briópsidas.
-
Planta da clase das briópsidas.
-
Clase de briófitas á que pertencen os mofos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas verdes, de talo de ata 10 cm de lonxitude e frondes pinnadas, plumosas na metade superior e descubertas na inferior, que se ramifican a partir dun eixe rastreiro. É propio do litoral medio e inferior do Atlántico e do Mediterráneo.
-
PERSOEIRO
Político de Guyana. Cofundador do People’s National Congress, foi elixido primeiro ministro en 1964, cargo desde o que negociou a independencia do país (1966). Foi elixido presidente da República en 1980, despois da adopción dunha nova Constitución que lle confería poderes superiores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de anfibios fósiles da orde dos temnospóndilos, de principios do Pérmico, de ata 40 cm de lonxitude, corpo revestido de placas óseas e unha crista sobre a columna vertebral. Os xacementos principais están situados en América do Norte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ninfa da mitoloxía grega, filla de Atlante e Pléione ou de Sol (Helio) e Perseis, segundo as diferentes tradicións. Vivía nunha frondosa espenuca na illa Oxixia, no mar Xónico, e dedicábase a tecer e fiar rodeada das súas criadas, tamén ninfas. A Odisea narra cómo acolleu a Ulises e se namorou fondamente del. Retívoo ao seu carón durante sete ou dez anos pero non conseguiu que quedase alí para sempre, como ela quería, malia ofrecerlle a inmortalidade. Ao final foi liberado por Hermes, quen fora enviado por Zeus ante os lamentos de Atenea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de camelos do Pleistoceno, de ata 2 m de altura na cruz, que viviu en América do Norte.
-
PERSOEIRO
Pintor. Foi o líder do grupo Nou Ambient, creado en 1919 seguindo o modelo dos evolucionistas. A súa pintura presenta influencias de Nonell, con derivacións cara ao surrealismo e ao expresionismo. Tamén cultivou o collage. Entre 1939 e 1980 estivo exiliado en México onde escribiu diversos traballos sobre arte mexicana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofa e política. Catedrática de Ética na Universitat Autònoma de Barcelona. En 1993 foi elixida senadora polo PSOE-PSC por Barcelona. En 1996 abandonou a vida política. Entre as súas obras destacan: Pragmática del lenguaje y filosofía analítica (1976), La imaginación ética (1983), Ética, retórica y política (1988), Virtudes públicas (1990), El malestar de la vida pública (1996), Paradoxes de l’individualisme (Paradoxos do individualismo, 1996), El siglo de las mujeres (1999) e Cómo educar a los hijos (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía Arrendataria del Monopolio de Petróleos S A.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das brasicáceas ao que pertence o panqueixo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide propio dos froitos das plantas do xénero Capsicum, coñecidos co nome de pementos, que lles confire o sabor picante característico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas e arbustos da familia das solanáceas que comprende unhas 50 especies do centro e sur de América. As plantas, coñecidas vulgarmente como pementeiros, foron levadas a Europa a principios do século XVII e os froitos, denominados pementos, deben o seu característico sabor picante ao alcaloide capsicina. As especies máis cultivadas son C. annuum e C. frutescens.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cuberta proteica, constituída por subunidades de proteína (iguais ou distintas) chamadas capsómeros, dun virión que envolve o ácido nucleico (ADN ou ARN). As cápsides son formas regulares que poden presentar simetría icosaédrica ou helicoidal. Certos virus, chamados virus envoltos, presentan unha cuberta lipídica externa adicional, a membrana, constituída por lípidos, glícidos e proteínas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Capsiense.