BPS

BPS
[INFORM]

Sigla que designa os bits por segundo, unidade de medida da velocidade de transmisión de datos, que equivale a un baudio se só hai dous niveis de sinal, por exemplo o cero e mais o un das transmisións binarias. Utilízase fundamentalmente para medir a velocidade dun módem, ou sexa os bits por segundo que é capaz de transmitir ou recibir. Adoita ser a medida máis empregada para a velocidade de transmisión de datos. Así, por exemplo, algúns dos módems actuais operan cunhas velocidades máximas de transmisión de 56.600 bps.

Palabras veciñas

BP | BPG | BPM | BPS | Bq | Br | BR