BP
BP
[ARQUEOL]
Expresión en datas na cronoloxía absoluta, tomada do inglés before present, que significa ‘antes do presente’. Para evitar a confusión debida ao feito de que o presente avanza cada ano, os laboratorios de radiocarbono adoptaron unha data fixa que empregan como presente absoluto (1950 d C). Actualmente existe unha tendencia a unificar o emprego das siglas cronolóxicas BP e AC reservando a expresión BP para a data absoluta sen corrixir ou calibrar; sen embargo, tamén se propón a diferenza entre BP (data sen corrixir) e bp (data histórica sen corrixir). As siglas AC resérvanse para as datas corrixidas en anos calendáricos reais.