"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialidade médica que estudia a alerxia e os procesos alérxicos.
-
PERSOEIRO
Político, enxeñeiro e home de negocios, fillo de Arturo Alessandri Palma. Gañou as eleccións presidenciais de 1958. En 1964 foi substituído por Eduardo Frei. Actuou como vicepresidente do Banco de Sudamérica e como director e accionista dunha rede de fábricas de papel e de refinerías de azucre; colaborou coa ditadura do Xeneral Pinochet cando era presidente do Consello de Estado ata que demitiu (1976-1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Deixar a alguén nun estado de somnolencia.
-
Caer alguén no aletargamento, quedando abatido, sen ánimo, sobre todo referido aos doentes.
-
Tornarse menos dinámico e entusiasmado, con falta de acción.
-
-
PERSOEIRO
Militar británico, primeiro conde Alexander of Tunis. Estudia en Harrow e en Sandhurst. Serviu en Francia durante a Primeira Guerra Mundial e formou pate do exército letón na loita contra a URSS. Entre 1932 e 1938 comandou as tropas británicas no NO da India. Durante a Segunda Guerra Mundial, como lugartenente xeral, mandou o primeiro corpo de exército: organizou a defensa e despois a evacuación (1940) de Dunkerque. Foi axudante de Eisenhower nas campañas de Túnez, Sicilia e Italia (1943); en 1944, trala caída de Roma, asumiu o mando das forzas aliadas no Mediterráneo. Ao acabar a guerra, convértese en gobernador do Canadá (1945-1952) e máis tarde en Ministro de Defensa (1952-1954) do goberno de Churchill. Publicou as súas memorias (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carapucha pequena, metálica ou doutro material resistente, que ampara o dedo que empurra a agulla ao coser sen dar opción a picarse con ela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Ourense. Relacionado con esta caste están os Alfergueta. As súas armas levan, en campo de goles, unha alferga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alferga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Indicador de retraso no tempo de inicio dunha nota musical verbo do que a súa figura indica estritamente.
-
PERSOEIRO
Economista e estatístico británico. É coñecido polos seus múltiples manuais sobre economía matemática, entre os que destacan Mathematical Analysis for Economists (Análise matemática para economistas, 1938) e Macro-Economic Theory (Teoría macroeconómica, 1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de Málaga, Andalucía, na Serranía de Ronda (2.146 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1968) e Catedrático de Ensino Medio de Lingua e Literatura Españolas, alterna a docencia coa crítica literaria. Foi secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, onde traballou na Sección de Literatura Galega. No xornalismo literario foi un dos fundadores do suplemento “El Correo Cultural” de El Correo Gallego e ten publicado artigos en numeros medios (La Voz de Galicia, Grial, Encrucillada, A Nosa Terra, Boletín Galego de Literatura, etc).
VER O DETALLE DO TERMO
Realizou diferentes estudos e edicións entre os que destacan Antre dous séculos (1990), de Xerardo Álvarez Limeses; Teatro galego (1993), de Ramón González Alegre; Á lus do candil (1993), de Ánxel Fole; Poesía... -
VER O DETALLE DO TERMO
Calzado con sola de cánabo trenzado con esparto ou fibra vexetal, punteira e talón de tea grosa, empeña feita con cintas ou tamén con tea grosa, e xeralmente con dúas cintas que se unen ao nocello. Algúns tipos de alpargatas son característicos de determinadas poboacións ou áreas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comarca pirenaica de Catalunya, na provincia de Lleida (1.427 km2). Limita ao N con Andorra e con Francia. A cabeceira é a Seu d’Urgell e intégrana 19 concelllos.
-
PERSOEIRO
Compositor alemán de música vogal relixiosa e de música instrumental.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land de Saxonia, Alemaña, preto do río Pleisse, ao S de Leipzig (49.500 h [1990]). Foi capital do ducado de Saxonia-Alterburgo ata 1918.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Län de Suecia (11.395 km2; 448.074 h [estim 1997]).
-
PERSOEIRO
Novelista brasileiro. As súas primeiras novelas, de denuncia social, inscríbense dentro do chamado “Realismo socialista”. Entre 1935 e 1937 publicou a triloxía Os subterrâneos da Liberdade e O cavaleiro da Esperança. Iniciou despois un proceso de aproximación ao Expresionismo con Jubiadá (1935), Os Capitaes da Areia (1937) e Gabriela cravo e canela (1938), unha das súas obras capitais. Despois publicou, entre outras novelas, Os velhos marinheiros (1961), Os pastores da noite (1964), Tereza Batista, cansada da guerra (1973), Tieta do agreste (1977) e Tocaia Grande (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pazo situado no barrio do mesmo nome en Copenhaguen, obra de Nicolai Eigtved (s XVIII), de estilo Rococó de influencia francesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
De forma amarga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de amargar.