Alexander, Harold Rupert Leofric George
Alexander, Harold Rupert Leofric George
Militar británico, primeiro conde Alexander of Tunis. Estudia en Harrow e en Sandhurst. Serviu en Francia durante a Primeira Guerra Mundial e formou pate do exército letón na loita contra a URSS. Entre 1932 e 1938 comandou as tropas británicas no NO da India. Durante a Segunda Guerra Mundial, como lugartenente xeral, mandou o primeiro corpo de exército: organizou a defensa e despois a evacuación (1940) de Dunkerque. Foi axudante de Eisenhower nas campañas de Túnez, Sicilia e Italia (1943); en 1944, trala caída de Roma, asumiu o mando das forzas aliadas no Mediterráneo. Ao acabar a guerra, convértese en gobernador do Canadá (1945-1952) e máis tarde en Ministro de Defensa (1952-1954) do goberno de Churchill. Publicou as súas memorias (1962).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Condado de Tyrone, Ulster -
Deceso
Lugar : Slough, Buckingham