"RSA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 131.

  • Que ou quen malversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apropiarse ou facer un uso inadecuado dun diñeiro público que se tiña baixo obrigación de custodia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento asinado por un grupo de deputados, encabezados por Bernardo Mozo de Rosales, que lle foi presentado a Fernando VII en València (abril de 1814). O manifesto demandaba a supresión da constitución e dos decretos das Cortes de Cádiz, e serviulle a Fernando VII para xustificar a posteriori o restablecemento do absolutismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mu Palatino; ḥ afa Palatino; ẓ a de Exipto (212.112 km2; 212.000 h [1996]). A súa capital é Marsā Ma Palatino; ṭ rū Palatino; ḥ (52.247 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Trapani, situada na illa de Sicilia, Italia (77.013 h [2001]). Correpóndese coa antiga Lylabaeum cartaxinesa (s IV a C). Convertida en porto comercial e estratéxico polos romanos, foi nomeada Marsa Ali (porto de Alí) polos musulmáns. Do seu patrimonio cultural destacan os restos dunhas termas e os mosaicos de época romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trompetista de jazz estadounidense. Destacou pola súa interpretación de obras clásicas, o que lle valeu para tocar coa Orquestra Filharmónica de New Orleans. Foi membro do cuarteto de Herbie Hancock, e en 1982 formou o seu propio quinteto. Gañou o premio Pulitzer en música polo seu traballo Blood on the Fields (1987) e oito Grammys ao longo da súa carreira. Destacan os seus discos Think of One... (1983), Big Train (1999) e The London Concert (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Financeiro. Fundou a banca J. Marsans i Rof i Fills, que se converteu en Banca Marsans SA en 1919. En 1910 creou unha sección de viaxes que se converteu na axencia Viajes Marsans SA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Foi martirizada en Roma co seu esposo Mario. A súa festividade celébrase o 29 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se articula pola elevación do dorso da lingua ata a parte media do veo do padal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección que se caracteriza por unha dor localizada na parte anterior dos metatarsos, que aparece ás veces bruscamente, como consecuencia dun traumatismo, e ás veces lentamente, por fatiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero da orde dos carnívoros, que alcanza máis de 5 m de longo e ten un peso de 1.000-1.500 kg. As morsas son mariñas, e nútrense basicamente de moluscos, peixes e equinodermos. Habitan nas rexións circumpolares do norte, e a súa carne é apreciada polos esquimós. OBS: Tamén se denomina vaca mariña ou do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo inaugurado en París, en 1986, situado na antiga estación de Orsay, adaptada pola arquitecta Gae Aulenti. Destinouse a representar dun xeito global a produción artística occidental entre 1848 e 1914. Os seus fondos proceden das coleccións nacionais do Musée du Jeu de Pau e do Musée National d’Art Moderne. Reúne escultura, pintura, elementos arquitectónicos, artes suntuarias, fotografías e outras mostras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario publicado en Madrid a partir de 15 de xaneiro de 1857. Subtitulouse “Periódico de ciencias, literatura, artes, industria y conocimientos útiles”. Impreso nos obradoiros tipográficos de Gaspar Roig, contou coa colaboración de destacados intelectuais da época, como Gustavo A. Bécquer ou Manuel Murguía, autor dunha biografía de Puente Brañas e dun artigo sobre a poesía contemporánea galega. Ademais, incluíu textos breves de Bieito Vicetto e Rosalía de Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Dirixiu a escola de Edessa (437-457) e en Nisibis fundou unha escola teolóxica. Escribiu máis de 350 poemas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • neoarsfenamina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • lei da atracción universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario en castelán editado en Barcelona desde o 15 de abril de 1885 ata outubro de 1985. Fundado e dirixido por Francesc Peris i Mencheta, foi o primeiro diario vespertino que saíu en Barcelona. Xornal con traxectoria independente, conseguiu e conservou unha notable audiencia. Prestou atención ás novas de última hora, e o seu cadro de colaboradores literarios foi moi amplo. De pensamento liberal e aberto ao contraste de opinións, intentou reflectir a realidade catalá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Vitebsk, Bielorrusia (124.235 h [1999]). Cidade portuaria á beira do Dniéper e antiga encrucillada estratéxica de rutas, é un centro moi importante da industria téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Musée d’Orsay.

    VER O DETALLE DO TERMO