Musée d’Orsay
Musée d’Orsay
Museo inaugurado en París, en 1986, situado na antiga estación de Orsay, adaptada pola arquitecta Gae Aulenti. Destinouse a representar dun xeito global a produción artística occidental entre 1848 e 1914. Os seus fondos proceden das coleccións nacionais do Musée du Jeu de Pau e do Musée National d’Art Moderne. Reúne escultura, pintura, elementos arquitectónicos, artes suntuarias, fotografías e outras mostras.