"Rafael" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 122.
-
PERSOEIRO
Avogado, xornalista e político. Sucedeu a seu pai na dirección de El Imparcial en 1884. Foi deputado desde 1891 e, partidario do rexeneracionismo, desenvolveu campañas en prol do desenvolvemento económico, especialmente agrícola, do país. Ocupou a carteira de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas en dúas ocasións (1900 e 1903), a de Fomento nos gobernos de Moret (1905, 1906, 1909), Canalejas (1911), Romanones (1913, 1916) e García Prieto (1922), e a el débense as leis de sindicatos agrícolas (1906) e de obras públicas (1911). Representou a Galicia en diversas ocasións como deputado polos distritos da Estrada (1893-1896), Noia (1893-1910) e Vigo (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Presbítero. Estudiou Filosofía e Letras e publicou Gramática de la lengua árabe literal y clásica (1910) e Estado social de los mahometanos en Marruecos (1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Formouse na Escuela de Arquitectura de Madrid (1910). A súa obra evolucionou desde o eclecticismo, influenciado por Antonio Palacios, e o modernismo vienés cara ás formas racionalistas. De características modernistas son obras como o chalé Rialeda en Oleiros (1912), o edificio Castromil de Santiago de Compostela (1922-1929), destruído en 1975, e o sanatorio antituberculoso de Cesuras (1927). Acadou a simplificación formal na vila Molina da Cidade Xardín da Coruña. Adoptou o racionalismo no cine Avenida da Coruña (1937-1941). Foi colaborador literario e artístico en Acción Coruñesa e presidente da Asociación de Arquitectos de Galicia (1914), do coro Cantigas da Terra (1919), do Círculo de Artesanos (1923) da Academia Provincial de Bellas Artes. Foi membro da Real Academia Galega. Recibiu unha medalla da Exposición Nacional de Bellas Artes, unha mención honorífica no concurso de proxectos do Chicago Tribune (1922) e un premio polo proxecto de monumento a Curros...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Bychory 1914 - Lucerna 8.8.1996) Director de orquestra e compositor checo. Foi director titular da Orquestra Filharmónica Checa (1941-1948), da Orquestra Sinfónica de Chicago (1950-1953) e da Orquestra do Metropolitan de Nova York (1973-1974), e destacou, sobre todo, no repertorio romántico alemán. É autor de diversas óperas, de dúas sinfonías e de música de cámara.
-
PERSOEIRO
Político. Militante republicano, foi deputado e senador en diversas ocasións. Defendeu a autonomía das Antillas e a abolición da escravitude. Foi membro do movemento krausista e contribuíu á fundación da Institución Libre de Enseñanza (ILE).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e xornalista. Colaborador de Faro de Vigo e ABC, foi director da revista Litoral, delegado provincial do ministerio de Información e Turismo e gobernador civil de Araba (1976). Escribiu Pontevedra de aquélla (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo e crítico literario. Discípulo de Ramón Menéndez Pidal, foi catedrático de Historia da Lingua Española. Destaca a súa obra Historia de la lengua española (1942), así como os seus traballos sobre lingüística histórica. As súas monografías sobre poetas medievais, como La trayectoria poética de Garcilaso (1948) e La obra Literaria del Marqués de Santillana (1957), representan unha análise crítica desde o punto de vista literario e filolóxico. Escribiu tamén Estudios de historia lingüística española (1985) e Generaciones y semblanzas de filólogos españoles (1998). Foi membro da Real Academia Española desde 1954 e membro correspondente da Real Academia Galega. Recibiu o Premio Nacional de Investigación (1983) e o Premio de las Letras Príncipe de Asturias (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso dominicano. Tomou o hábito no convento de San Esteban de Salamanca en 1751 para despois dedicarse á predicación nos conventos da súa orde en San Sadurniño, Tui, Santiago de Compostela e Viveiro, polo que en 1778 acadou o título de predicador xeral da súa orde.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre e artista. Publicou Cartafol de enredos, As caveiras de cabaza, Patrimonio arqueolóxico de Cedeira, As caliveras de melón e Samaín: A Festa das Caliveras (2003). Recibiu os premios Escola Crítica e Escola Viva, e foi o inspirador da Festa de Samaín de Cedeira e o creador da técnica dos encolados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rafael Lozano Bartolozzi.
-
PERSOEIRO
Realizador e documentalista cinematográfico. Da súa etapa estudantil datan as súas primeiras filmacións, como Inauguración del Puente de San Telmo. En Vigo, na década de 1950, comezou a realizar unha serie de reportaxes, como Inauguración del aeródromo de Peinador (1950) ou Botadura del primer buque de la factoría Barreras. En 1963 organizou, en Vigo, o I Concurso de Cine Amateur, ao que se presentaron Díaz-No-riega, Guillermo Camarero, Maximino Santurio e Lino Rodríguez Madero. Do seu contacto con Díaz-Noriega xurdiron algúns traballos como Dos versiones del mar (1964) e Sever Odnum (1964). Destacan as películas Improntum (1965), Miña terra (1965), Caballos salvajes (1967), Rapsodia galaica (1968), Saudade (1969) e O Corpiño (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Combateu na Guerra da Independencia (1808-1814) e, destinado ao vicerreinado de Perú, enfrontouse ás forzas arxentinas e chilenas na Batalla de Chacabuco (1817). Cando estoupou a Primeira Guerra Carlista tomou parte por Carlos María Isidro de Borbón. Comandante xeneral de Bizkaia (1835), comandante xeneral do exército carlista en Catalunya (1836) e comandante en xefe do exército real (1838), iniciou tratos para a paz con Espartero, co que asinou o Convenio de Bergara (1839).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Formouse con Alberto Castro Couso e Ana Martínez Pasarín e participou nas exposicións celebradas na praza da Princesa de Vigo (1978). A súa obra caracterizouse pola utilización de técnicas mixtas, como a colaxe e os acrílicos sobre madeira ou tea. A súa temática abordou a relación entre fondo e figura, moitas veces na procura de valores tridimensionais que o achegaron á abstracción aínda que incorporando elementos sólidos á pintura como madeiras, teas ou metais. Na década de 1990 evolucionou cara a unha mestura técnica entre pintura e escultura. Destaca a serie Yapeyú (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista e profesor. Foi vicepresidente e conselleiro delegado do Banco Exterior de España (1978-1989) e presidente do Banco Simeón (1983-1989), do Banco de Asturias (1990-1996) e do grupo Natwest España (1990-1998). Escribiu El fomento a la exportación en el desarrollo económico (1966), Las regiones españolas ante la asociación con Europa (1966), Crédito y banca es España: análisis y estrutura (1971), Dicionario Planeta de Economía (1980) e La transición económica de España (1990). Recibiu a Medalla Castelao (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Bispo de Santander (1784-1819), foi perseguido por franceses e liberais, refuxiouse en diferentes mosteiros de Galicia, pero rematou fuxindo a Portugal, debido á incautación da súa obra El recíproco sin y con Dios de los hombres. Tras o retorno do absolutismo, regresou a Galicia e foi reintegrado finalmente na súa sé en Santander.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e diplomático. Foi bispo titular de Nicea (1900), e Pío X nomeouno secretario de Estado e cardeal (1903). Foi secretario da Congregación do Santo Oficio (1914) e mostrouse favorable ao movemento fascista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Traballou no estudo de F. J. Sáenz de Oiza e con Jorn Utzon en Dinamarca e alcanzou o grao de chairman do Departamento de Arquitectura da Graduate School of Design de Harvard. Das súas obras destacan o edificio Bankinter de Madrid (1972-1976), con R. Bescos, o Museo de Arte Romano de Mérida (1980-1986), a estación de Atocha en Madrid (1984-1992), o Auditorio de Barcelona (1993), o Auditorio Kursaal de Donostia (1999) e a catedral de Los Angeles (2000). Posteriormente proxectou os museos de arte moderno e arquitectura de Estocolmo e a ampliación do Museo del Prado. Recibiu o Premio Pritzker (1996), o Premio da UE Mies van der Rohe polo Kursaal (2001) e a medalla de ouro do Círculo de Bellas Artes de Madrid (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Foi piloto náutico e comezou pintando mariñas. En Bruges, foi discípulo de Paulus Clays e formouse tamén como gravador. Volveu en 1868 e foi discípulo de Carlos de Haes e Rafael Montesinos. Destacan as súas escenas de tempestades e de naufraxios de raíces románticas. Foi restaurador do Museo Naval de Madrid e dedicouse á copia e reconstrución de maquetas navais e pinturas de barcos. Escribiu unha Historia gráfica de la navegación e Restauración hipotética de las carabelas de Cristóbal Colón (1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo e escritor. Fillo de galego, é profesor de Lingua e Cultura Galegas no Instituto de Estudios Avanzados da Universidad de Santiago de Chile, onde creou o Programa de Estudios Gallegos, así como unha cátedra de Lingua e Cultura Galegas na Universidad Santo Tomás (2001). Foi presidente da Sociedad de Escritores de Chile (1988-1989) e director cultural do Lar Gallego de Santiago de Chile (1985-2004). Articulista e escritor, colaborou en diversas publicacións, como Galicia en el Mundo, e ten publicado ensaios, como Galicia y Chiloé, confines míticos (1997) e Palabras de Sur a Norte (2004); novelas La voz de la casa (1985) e Memorial del Ultimo Reino (2001); poesía, como Ciudad Crepuscular (1981), Rebeca (1986), Entresiglos y quimeras (1994) e relatos, Gente de la Tierra (1987), e reeditou as crónicas Chile a la vista (2003), de E. Blanco Amor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Coñecido como Gabriel Celaya, conviviu con Luis Buñuel, Salvador Dalí, F. García Lorca, J. R. Jiménez e Ortega y Gasset na Residencia de Estudiantes. Tras a Guerra Civil, onde combateu como republicano, militou no Partido Comunista de España. Considerado un dos máximos expoñentes da poesía social española, despois dunha longa paréntese escribiu unha obra abondosa, primeiro realista e despois experimental. Desta época destacan Marea del silencio (1935), asinada como Rafael Múgica; La soledad cerrada (1936, Premio del Centenario Bécquer), Tentativas (1946), Lo demás es silencio (1952), Paz y concierto (1953), Vía muerta (1954), Cantos iberos (1955), Poesía y verdad (1959), Versos de otoño (1963, Premio Altaya) e Poesías completas (1969). Máis tarde empregou a poesía como medio para unha toma de conciencia colectiva encamiñada cara a unha transformación da sociedade, como en La voz de los niños (1972), Buenos días, buenas noches (1976) ou Parte de guerra (1977). Tamén é autor de ensaios,...
VER O DETALLE DO TERMO