"Red" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 824.

  • Entidade bancaria fundada no ano 1902 en Madrid, como continuadora do Crédito Mobiliario Español, de capital francés, e estreitamente conectada coa Banca de París e dos Países Baixos ata a Primeira Guerra Mundial, cando as accións pasaron ás mans españolas. No 1963 creou o seu banco industrial, o Banco de Desenvolvemento Económico Español (BANDESCO). No 1979 acadou o control do Banco de Madrid e do seu filial, o Banco Catalán de Desenvolvemento, nos cales tiña xa unha participación minoritaria. En decembro do 1993, como consecuencia das necesidades de saneamento do banco, foi intervido polo Banco de España que destituíu ao seu consello de administración e nomeou un novo. No ano 1994 foi mercado polo Banco de Santander.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico canadense. É autor de estudios básicos sobre a fisioloxía do páncreas que o levaron, xunto con C. H. Best e J. Macleod, ao descubrimento da insulina (1921). En 1923 compartiu o Premio Nobel de Medicina con Macleod.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Presidente de Ecuador de 1916 ata 1920, ocupou o cargo de modo interino trala dimisión de Larrea Alba en 1931. Fundador da revista Guayaquil, foi escritor de novelas simbólicas como Titania (1892), El señor Penco (1895), Tierra adentro, la novela de un viaje (1898) e Sonata en prosa (1901). Cultivou tamén a poesía con títulos como El último adiós (1898), Anhelos y temores (1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baiona baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anuario que apareceu en Santa María de Baredo (Pontevedra) no ano 1970. Esta publicación ía dirixida aos emigrantes desta vila que residían na Arxentina e Uruguai, coa intención de relatarlles as novas e os feitos máis notables ocorridos nesta parroquia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Abolicionista, tamén coñecido co nome de Frederick Douglass. Foi un escravo fuxitivo que dedicou a súa vida á loita pola emancipación dos escravos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor británico. Realizou estudios en Cambridge, no Royal College of Music e posteriormente foi profesor na Universidade de Newcastle. Partiu dun romanticismo inicial cara a un serialismo lírico. Entre a súa produción destaca o Cuarteto de Corda (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés de orixe inglesa. En París realizou estudios con Charles Koechlin. Entre a súa produción destacan ballets, operetas e pezas de cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Barreiro.

    2. Liñaxe castelá establecida na vila santanderina de Santillana del Mar. Segundo algúns investigadores o seu tronco foi Pedro de Mendoza, quen axudou o Rei Ramiro II de León na guerra que mantivo fronte ao infante Froila; segundo outros, vén de Gonzalo Pérez de Barreda, que serviu os reis Ordoño III e Sancho I. Estendeuse por case toda España, e mesmo chegaron ramas a Perú e Colombia. As súas armas levan, en campo de sinople, un castelo de prata, sobre ondas de azul e prata, arrimado de seis besantes do mesmo metal, tres de cada lado, postos en pao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Autor de A liberdade iluminando o mundo (1886) do porto de Nova York; a estrutura metálica é obra de Gustave Eiffel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Frederick Llewellyn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano, da familia dos Battilori. Seguidor dos Lorenzetti, é autor dos frescos da colexiata de San Gimignano (1367).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista francés da escola “optimista”. Entre as súas obras destacan Cobden et la ligue (Cobden e a liga, 1845), Sophismes Économiques (Sofismas económicas) e, sobre todo, Les Harmonies Économiques (As harmonías económicas, 1850). A súa concepción do mundo está baseada nunha harmonía deísta que evita toda tensión entre os diversos sectores económicos. A súa teoría básica é a do valor-servicio, fundamentada no traballo aforrado ao consumidor. No estado español influíu, a través de Joseph Garnier, en todos os librecambistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. En 1862 marchou a París, onde traballou no taller de Charles Gleyre, e no que coñeceu a Monet, Renoir e Sisley. Formou con eles o Grupo dos Catro, primitivo grupo impresionista. A súa obra é luminosa e ten moitos puntos de contacto coa pre-impresionista de Manet. Realizou pintura figurativa máis que paisaxe, como no Bosque de Fointanebleau (1865) ou Reunión de familia (1867), a súa obra máis coñecida. Morreu na guerra franco-prusiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ten importancia na fabricación de colorantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. O tema central da súa creación é o traballo como contido da existencia do home. Entre as súas obras destaca: Zizn’ Berežkova (A vida de Berežkov, 1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estableceuse desde moi novo en Barcelona, onde estudiou na Escola de Belas Artes. En 1916 trasladouse a París. Traballou tamén nos EE UU, Bélxica, Italia e na India. A súa pintura é dun aristocratismo sensual e decadente, como se amosa na súa obra La maja marquesa. Foi tamén un retratista de prestixio (Retrato de Rodolfo Valentino).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Agolada baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO