Banco Español de Crédito

Banco Español de Crédito
Nome científico: [BANESTO]

Entidade bancaria fundada no ano 1902 en Madrid, como continuadora do Crédito Mobiliario Español, de capital francés, e estreitamente conectada coa Banca de París e dos Países Baixos ata a Primeira Guerra Mundial, cando as accións pasaron ás mans españolas. No 1963 creou o seu banco industrial, o Banco de Desenvolvemento Económico Español (BANDESCO). No 1979 acadou o control do Banco de Madrid e do seu filial, o Banco Catalán de Desenvolvemento, nos cales tiña xa unha participación minoritaria. En decembro do 1993, como consecuencia das necesidades de saneamento do banco, foi intervido polo Banco de España que destituíu ao seu consello de administración e nomeou un novo. No ano 1994 foi mercado polo Banco de Santander.