Banco di San Giorgio

Banco di San Giorgio

Entidade gobernamental creada no 1407 e encargada de axuntar, administrar e procurar a amortización da débeda pública da República de Xénova, consolidada dende o s XIII en numerosas compere ou asociacións de acredores. Estas compere foron absorbidas a partir do 1407, nun proceso que durou a primeira metade do s XV, pola Casa de San Giorgio. Esta entidade absorbeu gran parte das rendas do estado, como o monopolio da sal e o dereito de aduanas e do porto, tanto da metrópole como das colonias. Ademais, a Casa exerceu funcións bancarias durante dous períodos: o primeiro entre 1408 e 1444 e o segundo a partir de 1586 ata a súa extinción, que tivo lugar no ano 1815. Mentres tivo actividades financeiras funcionou como unha banca de xiro e depósito, e só outorgaba préstamos aos arrendatarios das imposicións e ao goberno.