"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

    1. Relativo ou pertencente a Alexandría.

    2. arte alexandrina

    3. literatura alexandrina

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insecticida do grupo dos piretroides que se aplica nas follas. É activo por inxestión e contacto, agás cos ácaros. Está autorizado en campos de algodón, cereal, cítricos, froiteiras, plantas de horta e ornamentais. Presenta unha baixa perigosidade para o ser humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece a Martín Bernat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obxecto de pequeno tamaño de plástico ou de tea que se coloca debaixo do rato do ordenador para facer que este esvare suavemente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico holandés. Especialista en estudios bíblicos, foi catedrático de eséxese bíblica na universidade de Nimega (1945), Arcebispo-coadxutor (1951) e Arcebispo residencial de Utrecht (1955). Nomeado Cardeal por Xoán XXIII (1960), impulsou a aplicación das directrices conciliares mediante De Niewe Katechismus (O novo catecismo), e a plena e activa participación de diversos estamentos da Igrexa dos Países Baixos. Renunciu á súa sede no 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, na comarca de Los Montes (5.323 h [1996]). Ten numerosas aciñeiras. Cultívanse cereais e oliveiras. Explota canteiras de xeso e cal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, na bisbarra da Hoya de Granada (16.914 h [1996]). Ten agricultura mediterránea. Industria de licores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, na bisbarra da Hoya de Málaga, atravesada polo ría Fahala (16.859 h [1996]). Ten agricultura mediterránea e árbores froiteiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato pesqueiro do concello de Cangas do Morrazo, fundado en 1914 e disolto en 1936. De tendencia socialista antes da proclamación da Segunda República Española, en 1931 afiliouse á anarquista Federación Regional de Industria Pesquera. O seu obxectivo era a unión de todos os traballadores da pesca para reclamar melloras nas condicións sociolaborais dos mariñeiros e demais traballadores do mar. Foi unha das maiores organizacións mariñeiras do litoral das Rías Baixas, pois en 1932 agrupaba a máis de 1.500 afiliados. En maio de 1931 protagonizou as folgas pesqueiras que afectaron aos portos de Cangas, Moaña e Guixar (Teis) nas que reclamaban unha mellora nas condicións de venda do peixe por parte dos fabricantes de conserva, aos que se lles esixía o pago do carrexo e a imposibilidade de rebaixar o prezo con posterioridade. Esta conflitividade, que se espallou aos portos de Ferrol, A Coruña e Mugardos, produciu nos anos 1931 e 1932 unha importante conflitividade entre armadores (que aceptaran...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato de mariñeiros e traballadores da industria pesqueira do concello de Moaña, fundado no 1919 e clausurado nos inicios da sublevación militar de 1936. Fortemente vinculado á Alianza Marinera de Cangas, pasou dunha afiliación socialista á anarquista a partir de 1931. O seu obxectivo era a conquista de melloras laborais como o aumento salarial, a redución da xornada laboral ou implantación dun seguro de accidentes no traballo. Foi un dos sindicatos pesqueiros que máis actuou na procura dunha solución do conflito que, do 1932 ao 1936, provocou ás flutuacións do prezo de venda da sardiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión de Pescadores de Marín. Sindicato dos traballadores da industria do mar do porto de Marín fundado o 10 de xullo de 1914. Agrupaba os tripulantes dos vapores e das motoras. A Alianza é froito da modernización da pesca galega, que pouco a pouco vai deixando de lado as técnicas tradicionais, para substituílas polos motores a vapor e as máquinas diesel. Foi unha das organizacións mariñeiras de clase máis potentes da súa época, reunindo á altura do 1919 un total de 956 afiliados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colorante vermello preparado a partir do “sal de prata”. Antigamente extraíase do alizari. A alizarina é un colorante por mordente, que forma cos óxidos dos metais pesadas lacas insolubles de coloracións intensas variadas, que se fixan solidamente sobre as fibras téxtiles. Serve tamén como primeira materia para a obtención doutros colorantes, chamados de alizarina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Cáceres, Extremadura, en Las Vegas Altas del Guadiana (2.041 h [1996]). Ten agricultura mediterránea. Posúe xacementos de volframio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto heterocíclico, utilizado para inhibir a produción en exceso de ácido úrico nos enfermos de gota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á locución ‘mesa de noite’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da rexión da Alsacia, Francia (3.525 km2; 695.383 h [estim 1995]). A capital é Colmar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    En 1920 publicou en Ferrol Legislación social española. El gobierno social español y los bancos sociales de retiro para las distintas clases sociales de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Catedrático de Teoloxía da Universidade de Santiago dende 1797. Publicou Alegación jurídica-monástica-dominicana, para servir de respuesta a la Representación hecha a Monseñor Nuncio de S.S. por el padre Gómez exprovincial de los dominicos (1814).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Alxer.

    2. Habitante ou natural de Alxer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer de madriña ou semellante.

    2. Patrocinar unha inauguración ou un acto calquera.

    VER O DETALLE DO TERMO