alizarina

alizarina

(< al Alazarin < fralazarine)

Nome científico: [1,2-dihidroxiantraquinona:C<sub> 14</sub> H<sub> 8</sub> O<sub> 4</sub> ]
s f [QUÍM]

Colorante vermello preparado a partir do “sal de prata”. Antigamente extraíase do alizari. A alizarina é un colorante por mordente, que forma cos óxidos dos metais pesadas lacas insolubles de coloracións intensas variadas, que se fixan solidamente sobre as fibras téxtiles. Serve tamén como primeira materia para a obtención doutros colorantes, chamados de alizarina.

Palabras veciñas

Alixo | Aliyan | alizari | alizarina | Alizés, les | Aljaraque | Aljubarrota