"Rodríguez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 437.

  • GALICIA

    Topógrafo. Estudiou no convento dos Salesianos en Santander e foi correspondente de La Región na Rúa. Promoveu e fundou a asociación cutural e deportiva da Rúa Os cigurros. Publicou O neno mentirán e o lobo (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Emigrou a Bos Aires e colaborou nos xornais San Juan, Diario Nuevo, Debates, Los Andes e La Semana; ademais, fundou e dirixiu a revista El Alba e mais a Gaceta española, e foi redactor xefe do Nuevo Correo e cronista de El Progreso. Publicou Bajo el cielo argentino (1922), El delta del Panamá (1928), El presidente Irigoyen y su misión histórica (1929), Guía del delta (1929) e Romance de la Virgen de Luján (1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Estudiou na Universidad Central, da que foi vicerrector. Posteriormente, foi director de Educación e Belas Artes no ministerio de Instrución Pública, ministro de Relacións Exteriores (1914) e ministro de Fomento (1916), embaixador en Italia (1919) e presidente dos estados de Nueva España e Sucre (1925 e 1926). Representante do modernismo en Venezuela, colaborou coas revistas Cosmópolis e El Cojo Ilustrado. Na súa obra, de carácter costumista, reflectiu unha concepción aristocratizante e esteticista, impregnada da súa formación francesa. En París, comezou a súa andaina como escritor con Sensaciones de viaje (Medalla de Ouro da Academia venezolana, 1896) e, posteriormente, publicou Confidencias de Psiquis (1897), Cuentos de color (1898), Sangre patricia (1902) e Camino de perfección (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Castela (873-890), fillo de Rodrigo, primeiro conde castelán. Consolidou a liña de castelos que protexían a conca do Ebro e continuou o labor repoboador, estendendo o condado ata o val do Arlanza. Creou o núcleo inicial de Burgos (884). Baixo o seu patrocinio construíronse o mosteiro de San Pedro de Cardeña e os castelos de Palenzuela e Castrillo de la Pena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Formouse como tallista en madeira nun taller de artesanía (1961), na Escuela de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos de Madrid (1965) e no taller do escultor J. L. Alonso Coomonte. Durante a súa estancia en Barcelona, realizou diversos traballos para arquitectos, maquetas e murais. Instalouse en Vigo en 1975, onde se dedicou á creación de esculturas públicas. A súa obra caracterizouse polo uso de materiais nobres e polo estilo vitalista das formas redondeadas, onde a principal protagonista é a muller. Da súa produción destacan Busto a Castelao (Concello do Porriño, 1989), Monumento ao Emigrante (O Barco de Valdeorras, 1990), Monumento á Liñeira (As Neves, 1992), Tenaces do Vento (Muros-Carnota, 1993), Monumento á Familia (As Neves, 1995) e Monumento á Muller Traballadora (Vigo, 1996). En 1990 presentou o audiovisual O home de hoxe e a arte da actualidade. Realizou exposicións en Madrid, Barcelona, O Porriño e Vigo. Foi membro reitor da Xunta do Goberno...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, médico e avogado. Licenciado en Dereito e Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en Dereito en Madrid (1891). Foi profesor de filosofía e retórica no colexio Isabel la Católica de Madrid e traballou como avogado na Audiencia de Madrid. Membro do Partido Liberal, foi deputado a Cortes por Ágreda (1905), Chinchón (1916) e Lugo (1923) e en 1919 senador por Teruel. Foi xefe superior de policía de Barcelona (1919). Entre as súas obras destaca Los Foros en Galicia. Una fórmula equitativa para su total liberación (1925). Foi membro da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación e recibiu a Orden de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Cursou estudios universitarios en Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Inglesa pola Universidad de Madrid. Exerceu a docencia na St. Giles School of languages de Londres e foi redactor radiofónico da BBC. Colaborador de distintas publicacións, fundou o Grupo de Traballo Galego de Londres (1970) e cofundou a revista Emigrante. Publicou as obras Qué tal, Pepito? (1968), Poemas do non (1975) e A teima (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como médico militar na Armada. Dos seus poemas, espallados por distintas publicacións da época, destacan “As follas secas” e “A miña nai”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político venezolano. Dirixiu xunto con Manuel Gual o primeiro movemento independentista venezolano (1797) e tralo fracaso tivo que fuxir do país. Ao seu regreso (1799) foi capturado e executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmacéutico e historiador. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi cronista oficial de Vigo dende 1937. Colaborou, entre outras publicacións, en La Voz del Miñor (1913-1915) e Faro de Vigo, nos que publicou artigos sobre a historia de Vigo. Entre as súas obras destacan Casas y Cosas del Valle Miñor (1938), Bouzas (1944), Fray Antonio de Sotomayor y su correspondencia con Felipe IV (1944), El valle de la Louriña. Bosquejo histórico (1944) e Tierra de Fragoso (Notas para la historia de Vigo y su comarca) (1949). Foi membro numerario da Real Academia Galega dende 1952, da Real Academia de Historia, da Real Academia de Farmacia e dos institutos xenealóxicos de Chile e São Paulo. Recibiu, entre outros galardóns, a Encomenda de Afonso X o Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e escritor. Estudiou no seminario de Tui e en 1921 foi ordenado sacerdote. Promoveu a construción do Tempo Votivo do Mar de Panxón, deseñado polo arquitecto A. Palacios. Outorgáronlle a Cruz do Mérito Naval con distintivo branco. Escribiu, entre outras obras, Apuntes de vida parroquial (1958), Semblanza biográfica de D. Alfonso Giráldez Diéguez. Sacerdote ejemplar (1971) e Panjón. Historia del Santuario del Mar (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Diplomado en estudios eclesiásticos, licenciado en Filosofía e Letras pola Universidad Complutense de Madrid e doutorado en Historia pola Universidad de Deusto, onde foi profesor de historia moderna. Colaborou na Gran Enciclopedia Ilustrada do País Vasco e en Deia, Gara e A Nosa Terra. Entre as súas obras destacan De la tripla alianza al pacto de San Sebastián. Antecedentes de Galeuzca (1991), Antología de Galeuzca en el exilio 1939-1960 (1992), Galiziako historia (Historia de Galicia, 1994), Impenitencias galeuzcanas (1992), Historia de Euskal Herría, Manuel Martínez Murguía. De estirpe vasca a berce do nacionalismo galego, Castelao e o Galeuzca (1994) e A lagoa da memoria. Recibiu os premios IV Anduriña de Prata (1995) e o Pedrón de Honra (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Foi nomeado secretario da Xunta de Vigo e alcalde da cidade (1812). Trasladouse a Madrid e a Santiago de Compostela, cidades onde o detiveron, acusado de participar en conspiracións liberais. En 1820 foi nomeado xuíz de Sar (distrito de Santiago). En 1823 fuxiu a Inglaterra e, dez anos despois, foi restaurado no corpo xudicial e exerceu como maxistrado da Audiencia de Cáceres e na Audiencia Territorial de Madrid. Como político liberal representou a Pontevedra como deputado (1836-1837) e como senador (1841-1842).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués. De biografía descoñecida, pertencía a unha familia da pequena nobreza portuguesa, os Calheiros, implantada no Alto Minho, preto de Ponte de Lima. Seu irmán Paio Rodrigues frecuentou o círculo da poderosa familia dos Sousa na segunda década do s XIII, corte señorial onde é probable que compuxese o seu cancioneiro. Activo na primeira metade do s XIII, é autor de vinte e dúas cantigas de amor, oito de amigo e tres de escarnio e maldicir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués, fillo de Rodrigu’Eanes Redondo. A escaseza de datos na documentación da segunda metade do s XIII viría motivada por unha ausencia do país ao ter que acompañar ao seu pai a Castela. Cara ao 1297 debeu ser mordomo-mor de Pedro de Aragón e, entre 1312 e 1318, meirinho-mor de don Denís. Tralo seu matrimonio con Marinha Afonso de Arganil, formou en Beira un casal nobre ao que pertencían os señoríos de Arganil e Pombeiro. Debido ao cargo que desempeñou desde 1312 marchou a Santarém, onde debeu morrer cara ao ano 1320. Activo entre a segunda metade do s XIII e os primeiros anos do seguinte, atribúeselle o escarnio persoal “Don Pedro est[e] cu-nhado del-Rei”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Comezou a súa formación artística en Ourense e Valladolid, onde traballou para o director da Academia de Bellas Artes. Asistiu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e ampliou estudios en París e Roma, grazas a unha bolsa da Deputación de Ourense. Colaborou co movemento agrarista Acción Gallega. Das súas obras destacan Un mozo de cuerda (1875), Torquemada ante los Reyes Católicos (1881), Cristianos a las fieras (1887, premiada na Exposición Nacional de 1887), O xantar, Un fraile rezando, A debulla e os retratos de Pradilla e Mariano Benlliure.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Subdirector de informativos da TVG, licenciouse en Ciencias da Información na Universidad Complutense de Madrid. Foi correspondente de El Ideal Gallego e colaborador de La Región, delegado do Diario de Galicia, correspondente de TVE en Ourense e redactor da TVG.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Licenciouse en Belas Artes (1985). Realizou a súa primeira exposición individual en 1985 e participou, entre outras mostras colectivas, en Artistas Galegas Alecrín (Vigo, 1987), Imaxes a carón da aula (1990-1991) e no Certame de Artes Plásticas de Tui (1992 e 1993). Ilustrou Los lentos versos del Leteo (1989) de P. P. Gutiérrez. Recibiu o Primeiro Premio de Arte Xoven Galego de El Corte Inglés (Vigo, 1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro e militar. Estudiou na Escola de Minas e ingresou no corpo de enxeñeiros da Armada (1966). Traballou nos arsenais de Ferrol e Cartagena, e foi profesor na Escuela Naval Flotante e inspector do corpo de enxeñeiros. Publicou diversos artigos en revistas profesionais e dous libros de texto, Lecciones de construción naval escritas para uso de los aspirantes a Guardia Marinas (1877) e Curso de máquinas de vapor (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Produtor cinematográfico. Emigrou a Catalunya en 1960 onde se dedicou primeiramente aos negocios inmobiliarios. Posteriormente adquiriu a marca Filmax. Tamén se dedicou á produción, primeiro con participacións minoritarias e posteriormente como produtor, con títulos como Fotos (E. Quiroga, 1996), Los sin nombre (J. Balaguero, 1999) ou Tierra de fuego (M. Littin, 1999). A finais dos anos noventa creou unha filial específica para esa actividade, Castelao Films. Dentro da mesma puxo en marcha Fantastic Factory, sección dedicada ao cine fantástico e de terror. No ano 2000 creou Brent Entertainement, empresa especializada en animación, con sede en Santiago de Compostela. Como distribuidor destaca o seu labor na difusión de películas en versión galega nas salas comerciais, que comezou con O pico das viúvas (J.Irving, 1993). Recibiu a Medalla Castelao (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO