Fernan Rodriguez Redondo

Fernan Rodriguez Redondo

Trobador portugués, fillo de Rodrigu’Eanes Redondo. A escaseza de datos na documentación da segunda metade do s XIII viría motivada por unha ausencia do país ao ter que acompañar ao seu pai a Castela. Cara ao 1297 debeu ser mordomo-mor de Pedro de Aragón e, entre 1312 e 1318, meirinho-mor de don Denís. Tralo seu matrimonio con Marinha Afonso de Arganil, formou en Beira un casal nobre ao que pertencían os señoríos de Arganil e Pombeiro. Debido ao cargo que desempeñou desde 1312 marchou a Santarém, onde debeu morrer cara ao ano 1320. Activo entre a segunda metade do s XIII e os primeiros anos do seguinte, atribúeselle o escarnio persoal “Don Pedro est[e] cu-nhado del-Rei”.