"SAU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 171.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Guntín. De orixe románica, construíuse na segunda metade do s XII pero reformouse no 1793 cando se edificou a capela maior de planta cadrada. Ten unha soa nave. A fachada principal ten porta de arco de medio punto cunha tripla arquivolta que descansa sobre columnas acobadeladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillo de Isaac e de Rebeca, fundador da tribo de Edom. Rudo cazador, en contraste co seu irmán Xacob, que era un intelixente e coidadoso pastor a quen lle vendeu a primoxenitura por un prato de lentellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dinosauro terópodo, de ata 12 m de lonxitude e dunhas 6 toneladas de peso, caracterizado por presentar unha gran crista, de ata 2 m de altura, formada por proxeccións das vértebras dorsais recubertas de pel. Esta ampla superficie, sucada de vasos sanguíneos, funcionaba como un sistema de termorregulación ao poder absorber ou disipar calor e por tanto manter a actividade con maior facilidade, independentemente da temperatura ambiental. Posiblemente, a crista presentaba cores vivas que terían un papel nas relacións intraespecíficas de defensa do territorio ou de comunicación sexual. Os espinosauros dispuñan de potentes mandíbulas longas con numerosos dentes rectos e afiados, propias de terribles depredadores. Camiñaban normalmente sobre as patas traseiras, deixando as dianteiras libres para suxeitar as presas. Ao correr, mantiñan elevada a longa cola, ancha na base e fina na punta, para conservar o equilibrio. De todos os xeitos, os brazos eran bastante fortes e posiblemente nalgúns momentos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dinosauro ornitisquio, que acadou os 9 m de lonxitude e máis de 2 toneladas de peso, de corpo grande cunha dobre fileira de placas óseas, con forma de punta de frecha, a ambos os lados da columna vertebral. Algunhas destas placas acadaban máis de 60 cm. Camiñaban sobre as catro patas: as patas traseiras eran enormes, de dobre tamaño ca as dianteiras, feito que motivaba que a parte máis elevada do animal fosen as cadeiras. A cola era forte e grosa, con espiñas longas e afiadas, de ata 100 cm de lonxitude, que servían para defenderse dos depredadores. A cabeza pequena, cun cranio estreito duns 40 cm de longo, presentaba un peteiro sen dentes na parte anterior da mandíbula e moas pequenas. Foron animais herbívoros en greas a finais do Xurásico distribuídos polo oeste de América do norte, oeste de Europa, leste de Asia e leste de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos eterosauros.

    2. Réptil da suborde dos eterosauros.

    3. Suborde de réptiles herbívoros, da orde dos tecodontos, caracterizados por presentar o corpo groso e a osamenta pesada. Foron propios do triásico e viviron nas actuais Europa e América. O xénero máis significativo é Stagonolepis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Arabia Saudí, fillo de Abd al-’Azīz II. Á morte do Rei Fay Palatino; ṣ āl, converteuse no primeiro vicepresidente do consello de ministros e príncipe herdeiro. No ano 1982 sucedeu o seu medio irmán Hālid. Practicou unha política conservadora e prooccidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Orange (1625-1647) e stadhouler das Provincias Unidas (1625-1647), fillo de Guillerme I o Taciturno. Sucedeu o seu irmán Mauricio I. Nomeado capitán e almirante xeral das Provincias Unidas (1625), conquistou Hertogenbosch (1629), Maastricht (1632) e Breda (1637). Creou unha poderosa flota naval e impulsou o desenvolvemento do dominio colonial holandés. Coñecido pola súa cultura, atraeu á súa corte, entre outros, a Rembrandt e R. Descartes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Ramón Piñeiro publicada en 1984 e na que trata desde un punto de vista metafísico o concepto de saudade. O libro iníciase analizando o significado da filosofía para, a continuación, comezar a examinar a saudade e, finalmente, desenvolver o estudo da saudade en Rosalía de Castro como expresión da soidade ontolóxica. Considerou a saudade unha vivencia espontánea e intrínseca da pura intimidade do ser humano que constitúe unha característica propia do mundo galaico-portugués, posto que na súa configuración espiritual común predomina a dimensión sentimental. Distinguiu varias formas de saudade, a nostalxia, a arela, a morriña, a sehnsucht xermánica (actividade de procura dun obxecto descoñecido do que se sente a necesidade de coñecer) e a angustia, concepto tomado de M. Heidegger. Para o autor a saudade fai de Galicia un pobo diferenciado e, ao mesmo tempo, universal, que ten na lingua galega a súa alma viva e que, de acordo cos ideais da Xeración Nós, debe conseguir recuperar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante francés. Participou co seu irmán Henri de Saulses de Freycinet (Montélimar 1777-Rochefort 1840) na expedición do capitán Baudin ás costas do SO de Australia (1800-1804). Realizou unha viaxe científica ao redor do mundo para estudar o magnetismo terrestre (1817-1820) que recolleu na obra Voyage autour du monde (1824-1844).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Zamora, Castela e León, situado ao S da provincia, no límite coa de Salamanca (1.896 h [1996]). Está drenado por diversos afluentes do río Guareña. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santa María del Castillo (s XVI), o oratorio das clarisas (s XVI) e a igrexa de San Juan Bautista (s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Orange (1544-1584) e stadhouder de Holanda, Zelanda e Utrecht (1559-1584), fillo e sucesor do conde de Dillenburg, Guillerme o Vello. De nome Guillerme de Nassau-Dillenburg, herdou do seu primo Renato de Nassau o principado de Orange (1544). Ao servizo de Carlos V, foi membro do Consello de Estado de Flandres (1555) ata que en 1568, despois da revolta de varias cidades flamengas por causa da política de Filipe II, se converteu no líder das provincias sublevadas. Tras enfrontarse en varias ocasións cos exércitos do duque de Alba, refuxiouse en Alemaña, onde organizou os exércitos protestantes. Coa axuda dos hugonotes conseguiu en 1576 o alzamento xeral dos Países Baixos e a elección do arquiduque Matías, irmán do emperador, como gobernador de Flandres. En 1578, trala derrota flamenga na Batalla de Gembloux, refuxiouse en Amsterdam e logrou a creación da Unión de Utrecht (1579), base das futuras Provincias Unidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Orange e stadhouder das Provincias Unidas (1647-1650), fillo e sucesor de Federico Enrique I de Orange-Nassau. Presionado pola burguesía dos seus territorios, asinou coa monarquía hispánica a Paz de Münster (1648), onde recoñeceu a existencia das Provincias Unidas do S baixo dominio hispano mentres que Filipe IV recoñecía a independencia das Provincias Unidas e a súa liberdade de comercio coa América hispana. Continuou os enfrontamentos bélicos coa coroa hispana e coa Inglaterra de O. Cromwell, feito que lle valeu a oposición dos Estados Xerais das Provincias Unidas (1650). Pouco antes de morrer, asinou unha alianza defensiva con Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guillerme III de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Stadhouder das Provincias Unidas (1747-1751). Nomeado stadhouder de Frisia e Groningen en 1718, foi nomeado stadhouder hereditario en 1747 trala ameaza de invasión francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro stadhouder das Provincias Unidas (1751-1795), fillo e sucesor de Guillerme IV de Orange-Nassau. Asumiu o cargo de stadhouder en 1766 trala rexencia da súa nai primeiro e do duque de Brunswick despois. A súa derrota na guerra contra o Reino Unido (1780-1784) e a influencia da Revolución Francesa, levárono a fuxir a Inglaterra en 1784 e a exiliarse en Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    De relevo pouco vigoroso, o país divídese nunha ampla chaira litoral recurtada polos esteiros dos ríos Geba e Corubal, e rodeada de illas, un altiplano interior e baixos altiplanos no extremo SL. O clima é tropical, cálido e húmido. A hidrografía caracterízase polos esteiros e as mareas, que penetran ata a 100 km da costa e permiten a navegación ata Bafatá e Binta. A vexetación é principalmente de sabana con áreas selváticas de bosque galería á beira dos ríos e con mangleiros na costa. A agricultura é a actividade económica predominante en todo o país e ocupaba o 77,8% da poboación activa en 1992. No litoral predominan os cultivos de arroz en chairas inundables, de feixóns, hortalizas, plataneiros, palmeiras de aceite, cocos e cana de azucre. Posúe gandería bovina, cabrúa e porcina e no interior a gandería é máis importante ca os cultivos, que son de secaño (millo, cacahuetes, sorgo, mandioca e pataca doce). A explotación forestal é relativamente importante (madeira e caucho), e a pesca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Sokoto, Nixeria, situada á beira do río Sokoto (143.000 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente os hadrosáuridos.

    2. Dinosauro pertencente á familia dos hadrosáuridos.

    3. Familia de dinosauros ornitópodos pertencente á superfamilia hadrosaurios. A característica diferenciadora desta familia é o cranio plano, e algúns tiñan bultos óseos no fociño. Engloba, entre outros, os xéneros Kritosaurus, Hadrosaurus, Shantungosaurus, Maiasaura, Edmontosaurus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros da orde dos ornitisquios, medían entre 4 e 15 m de lonxitude, 4 m de altura e aproximadamente unhas catro toneladas de peso. As patas traseiras e a cola eran utilizadas para fuxir dos depredadores, aínda que a maior parte do tempo andaban a catro patas. O cranio e as mandíbulas estaban comprimidas dorsiventralmente e recubertas dun pico córneo, semellante ao dun pato. Tiñan sobre 3.000 dentes, dispostos en distintas fileiras. Habitaron durante o Cretáceo Superior. Existen dúbidas de se poboaron os pantanos de América do Norte, alimentándose de plantas acuáticas ou se pola contra eran animais terrestres e se alimentaban de follas duras de árbores; pola presenza de poderosos molares suponse a segunda hipótese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Arabia Saudí (1975-1982), fillo do monarca ‘Abd al-’Aziz II. Foi vicepresidente do Consello de Ministros (1962-1975) durante o reinado do seu irmán consanguíneo Fay ṣ āl II, ao que sucedeu no trono cando este foi asasinado. Prooccidental en política interior, impulsou algunhas reformas moderadas. Sucedeuno o seu medio irmán Fahd I.

    VER O DETALLE DO TERMO