"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
PERSOEIRO
Poeta gauchesco, romántico e revolucionario. Desta época (1839-1851) son as cancións políticas de Paulino Lucero. En 1872 saíu á luz o longo poema “Santos Vega”, a súa obra máis importante.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asgrimsson Eysteinn.
-
PERSOEIRO
Neurólogo e psiquiatra. Considérase un dos modernos pioneiros da cibernética, coa realización en 1948 dun proxecto de cerebro artificial, o aparello denominado homeóstato. As súas obras máis importantes son: Desing for a Brain (Deseño para un cerebro, 1952) e An Introdution to Cybernetics (Introdución á Cibernética, 1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación Máximo Gorki de Solidariedade entre os Pobos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: Aseb.
-
REXIÓNS
Rexión de Mauritania (36.000 km2; 185.574 h [estim 1992]). A capital é Kiffa (29.292 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e militar sirio. Procedente dunha familia alauita, foi piloto das forzas aéreas. En 1946 afiliouse ao Ba´t, do cal foi secretario xeral desde 1970. Ministro de Defensa (1966-1970), Primeiro Ministro (1970-1971) e Presidente da República desde 1971 e da Fronte Nacional Progresista desde 1972. A súa xestión no interior do país caracterizouse por unha dura represión sobre a oposición, sobre todo contra os disidentes sunnitas xermano-musulmáns, así como por un acusado culto á súa personalidade. En política exterior buscou o apoio da URSS e converteuse nun dos dirixentes árabes máis antiisraelís. En 1973 atacou sen éxito Israel e Exipto. En 1976 interveu na Guerra do Líbano onde en 1983 expulsou a Arafat en favor dos movementos palestinos máis radicais. Rematada a guerra (1990), impuxo ao Líbano un goberno tutelado por Siria. A raíz...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Adverbio que se atopa a miúdo nas anotacións musicais de orixe italiana e que significa ‘bastante’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
al da India, no estado de Assam, situado ao NL do país, no curso do río Brahmaputra. A reserva de Kājīrangā é coñecida polo feito de posuír os derradeiros exemplares de rinocerontes dun único corno. Nesa zona os tremores de terra son frecuentes e ás veces moi destrutivos, como os que aconteceron nos anos 1897 e 1950.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado federal da India, ao NL do país (78.438 km2; 24.200.000 h [estim 1994]). A capital é Dispur. O clima é trópical monzónico, con precipitacións anuais moi abundantes. O estado comprende a conca alta e media do Brahmaputra, o río máis importante da rexión. A poboación é etnicamente moi diversa: fálanse máis de 100 linguas e dialectos diferentes. É unha rexión esencialmente agrícola e mineira. Coñecido polo nome de Kāmarūpa, Assam formou unha marca do Imperio gupta, a súa historia é pouco coñecida ata o s VII, cando Chachangka, despois de instalarse en Bengala, conquistou Assam e iniciou unha persecución contra os budistas que remataba coa conquista do val pola dinastía Pāla, budista, na primeira metade do s IX. En 1229, Assam pasou a mans da dinastía birmana Āhom (da que tomou o nome) e resistiu aos intentos de islamización durante o s XIII procedentes de Bengala. En 1663, o baixo Assam rendiuse ao imperio musulmán de Aurangzeb, feito que contribuíu á...
-
-
Relativo ou pertencente a Assam ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Assam.
-
Lingua indoeuropea do grupo índico oriental falada en Assam por seis millóns de persoas aproximadamente, no val do Brahmaputra, río abaixo de Dibrugarh. O assamés propiamente dito é o dialecto occidental. Escríbese xeralmente en caracteres bengalís e posúe unha literatura abundante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rei de Asiria (680-669 a C). Fillo de Sennaquerib, foi un dos soberanos máis significativos da dinastía sargónida, tanto pola actividade militar que levou a cabo como pola extensión que acadaron os seus dominios. Contivo os sumerios e os escitas e someteu os medas e a outros pobos da altiplanicie iraniana. Reconstruíu Babilonia, arruinada polo seu pai, e levou a cabo unha política de pacificación deste país. En Siria e Palestina afrontou rebelións e marchou ata Chipre onde tomou diversas poboacións. A súa empresa máis ambiciosa foi, con todo, a conquista en Exipto do seu delta e de Menfis (671). Taharka, o Faraón nubio, fuxiu ao sur, pero dous anos despois (669) recuperou o Baixo Exipto, deixado por Assarhaddon en mans dos príncipes locais. Mentres preparaba unha nova campaña contra el morreu na cidade de Harram. O seu fillo Shamash-shum-ukin quedaba como señor de Babilonia pero sometido ao seu irmán Asurbanipal, soberano de Asiria.
-
PERSOEIRO
Historiador e literato. Foi cronista da casa de Savoia. É autor de Delle rivoluzioni della Catalogna (1644), crónica moi ben documentada do Corpus de Sangue.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro período do Pérmico inferior, situado enriba do Carbonífero superior e debaixo do Sakmariá.
-
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou con Essaias Van der Velde. Representante do Naturalismo pitórico, cultivou a paisaxe e a pintura de animais. Destaca a súa obra Cisne airado, onde se observa unha alegoría da independencia dos Países Baixos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Paso de danza que consiste en xuntar os dous pés nun salto e que serve de final nunha frase coreográfica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político xurdido en 1989 logo dunha escisión da Frente Popular Galega (FPG) liderada por Manuel Carneiro González e Antom Arias Curto. A escisión, protagonizada por Galicia Ceive (OLN) e consumada no Congreso Extraordinario da FPG o 25 de xuño de 1989, debeuse a diferencias na concepción da estratexia independentista. O 28 e 29 de outubro de 1989, coincidindo coa data das eleccións xerais, celebrouse en Santiago de Compostela o seu congreso constituínte. Nel definíronse como principios políticos a independencia nacional, o socialismo e a loita antipatriarcal, fixáronse como obxectivos a independencia de Galicia, a creación dun goberno nacional e dunha asemblea nacional constituínte e proclamouse como única vía para acadalos a estratexia político-militar. A APU estableceu relacións con organizacións dos países lusófonos e cos movementos de liberación nacional de Euskadi, Catalunya e Canarias. Na súa presentación pública, o 24 de novembro de 1989 interveu un representante da fronte...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Felipe Fernández Armesto.
-