"Sale" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 68.

  • CIDADES

    Cidade do estado de Carolina do Norte, EE UU (185.776 h [2000]). É un centro comercial e cultural situado nos contrafortes das Blue Ridge.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Palestina dividida, entre 1948 e 1967, entre os estados de Israel e Xordania, e baixo administración exclusivamente israelí desde 1967 (633.700 h [estim 1998]). Capital do maoz homónimo de Israel, do liwās de Al-Quds de Xordania, e capital do estado de Israel desde 1980, a capitalidade comporta que a parte oriental da cidade, ocupada por Israel desde 1967, fora anexionada por este país. A ONU non recoñeceu a nova capitalidade. É sede do patriarcado de Xerusalén. A cidade antiga, centro de peregrinación e turismo, está establecida sobre un altiplano calcario, rodeado no L polo val de Cedrón e no SO polo val de Hinnon, que se unen. Coñécese tamén cos nomes de ‘wš’mm nos textos exipcios da XII dinastía e de Urušalim nas taboíñas de Al’Amārna (s XIV a C). Conquistada aos xebuseos por David, converteuse en capital do seu reino e, co traslado da arca da alianza, en cidade santa. Salomón construíu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ma ḥ oz de Israel (557 km2; 717.000 h [estim 1998]). A súa capital é Xerusalén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea apostólica celebrada en Xerusalén no ano 49 ou 50, chamada tamén concilio apostólico, e nomeada nos Feitos dos Apóstolos. Acordouse que os cristiáns procedentes do paganismo non estaban obrigados pola lei mosaica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derradeiro dos antigos catro patriarcados orientais, creado no Concilio de Calcedonia (451) que subtraeu a Palestina na xurisdición de Antioquía. Quedou baixo a órbita de Constantinopla e sempre tivo patriarcas ortodoxos. Coa unión dos melquitas a Roma (s XVIII), instituíuse un patriarcado católico de rito bizantino. En 1847 Roma creou un patriarcado latino que aínda perdura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Estado cristián fundado en Xerusalén despois da toma da cidade durante a Primeira Cruzada (1099). Godofredo de Boullion non aceptou a dignidade e, á súa morte ao ano seguinte, o seu irmán Balduíno I (1100-1118) fíxose coroar rei. Organizouse segundo os canons feudais europeos. Aínda que o rei era elixido polo consello feudal, exercía unha autoridade moi estendida a outros reinos latinos, e dirixía as forzas militares, exceptuando as ordes. O último rei foi Guido I (1186-1192). Durante o seu reinado, minado polas loitas entre os cruzados, a capital caeu en mans de Saladino en 1187 e en 1191 perdéronse as últimas posesións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei visigodo (507-510). Sucedeu a Alarico II pero, atacado á vez polos francos e os burgundios, retirouse a Barcelona. Os ostrogodos restituíronlle a Septimania, pero nomearon rei a Amalarico, e fuxiu ao N de África. Morreu ao tentar recuperar a coroa coa axuda dos vándalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Xerusalén (1210-1212) e emperador latino de Constantinopla (1229-1237), fillo de Erardo III de Brienne. Participou na conquista de Nápoles. En 1235 enfrontouse aos ataques de Iván Asen de Bulgaria e Xoán III de Nicea.

    VER O DETALLE DO TERMO