"Sar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 930.

  • PERSOEIRO

    Anatomista e médico italiano. Describiu o conduto que une a vea umbilical coa cava superior no feto, e que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das aráceas ao que pertence a herba dos candís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arquivo Sa-rabia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer rasa ou lisa a superficie dalgunha cousa.

    2. Destruír totalmente un territorio producindo graves danos na súa poboación, vexetación, construcións, etc.

    3. Encher unha medida ata o bordo.

    4. Traballar o coiro. Recibe este nome unha das tres etapas do remate dunha pel, xunto co decruar e co franquear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • irar o carro facéndoo xirar sobre unha roda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Preparar un alimento (carne, peixe) nun espeto, grella ou forno, poñéndoo directamente ao lume e mollándoo, ás veces, con graxa, aceite ou outro líquido adecuado. Queda dourado na súa parte externa e tenro no interior.

    2. Preparar un alimento directamente ao lume sen auga e sen aceite.

    3. Producir excesiva calor.

    4. Sentir moita calor.

    5. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘apostar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas perenne da familia das escrofulariáceas. Na Península Ibérica pódese atopar a especie A. procumbens, propia das rochas silíceas das montañas medianas do nordeste peninsular; é pilosa, viscosa, de follas reniformes e opostas, e flores brancas con estrías rosas e olorosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constituída o 1 de decembro de 1990 en Santiago de Compostela, o seu ámbito de actuación céntrase, fundamentalmente, na Comunidade Autónoma Galega. O seu labor desenvólvese facilitando información aos seus asociados, organizando xornadas técnicas, visitando empresas, mantendo xuntanzas coas administracións públicas, facilitando viaxes a congresos e encontros nacionais e internacionais, e tamén formando a traballadores e mandos. Ten como obxectivos coordinar criterios diante dos problemas comúns do sector e crear servicios de interese común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundada en decembro de 1988, agrupa varios hoteis situados na provincia de Pontevedra. O seu obxectivo é lograr unha superior ocupación, baseándose nunha mellor atención das institucións e realizando actividades en común. Mantén unha oficina internacional situada no Porto que oferta servicios turísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rei de Asiria (680-669 a C). Fillo de Sennaquerib, foi un dos soberanos máis significativos da dinastía sargónida, tanto pola actividade militar que levou a cabo como pola extensión que acadaron os seus dominios. Contivo os sumerios e os escitas e someteu os medas e a outros pobos da altiplanicie iraniana. Reconstruíu Babilonia, arruinada polo seu pai, e levou a cabo unha política de pacificación deste país. En Siria e Palestina afrontou rebelións e marchou ata Chipre onde tomou diversas poboacións. A súa empresa máis ambiciosa foi, con todo, a conquista en Exipto do seu delta e de Menfis (671). Taharka, o Faraón nubio, fuxiu ao sur, pero dous anos despois (669) recuperou o Baixo Exipto, deixado por Assarhaddon en mans dos príncipes locais. Mentres preparaba unha nova campaña contra el morreu na cidade de Harram. O seu fillo Shamash-shum-ukin quedaba como señor de Babilonia pero sometido ao seu irmán Asurbanipal, soberano de Asiria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e literato. Foi cronista da casa de Savoia. É autor de Delle rivoluzioni della Catalogna (1644), crónica moi ben documentada do Corpus de Sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pechar unha porta ou unha ventá coa tabasa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pospor unha actividade que se tiña prevista.

    2. Datar unha cousa nun tempo anterior ao fixado.

    3. Mover cara a atrás as agullas dun reloxo ou facer que ande máis lentamente.

    4. Obstaculizar a realización ou o decorrer normal de algo.

    5. Non funcionar debidamente un reloxo.

    6. Avanzar cara a atrás dende o punto no que se está.

    7. Chegar máis tarde do esperado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pospor unha actividade que se tiña prevista.

    2. Datar unha cousa nun tempo anterior ao fixado.

    3. Mover cara a atrás as agullas dun reloxo ou facer que ande máis lentamente.

    4. Obstaculizar a realización ou o decorrer normal de algo.

    5. Non funcionar debidamente un reloxo.

    6. Avanzar cara a atrás dende o punto no que se está.

    7. Chegar máis tarde do esperado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pasar dun lado ao oposto dunha cousa.

    2. Pasar ou facer que pase unha cousa por un corpo penetrando nel.

    3. Poñer ao través, oblicuamente ou de modo que pase dunha parte a outra.

    4. Pasar cruzando dunha parte a outra.

    5. Pasar circunstancialmente por unha determinada situación, favorable ou desfavorable.

    6. Ir alguén dun lado ao outro.

    7. Poñerse unha cousa ao través, oblicuamente ou na metade dun camiño ou conduto, obstaculizando o paso.

    8. Inmiscirse nunha conversa ou nun asunto alleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xuntarse trousos ou moreas de neve cando esta cae abundantemente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar noticia a alguén dalgunha cousa para que estea advertido e obre en consecuencia.

    2. Facer que alguén saiba que algunha cousa lle pode supor algún problema.

    3. Advertir a alguén, especialmente a algún colectivo profesional, para que preste os seus servicios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político liberal e escritor. Os seus escritos históricos e políticos Speranze d’Italia (Esperanza de Italia, 1844) e Sommario della storia d’Italia (Sumario da historia de Italia, 1846) influíron moito no Risorgimento italiano. No ano 1848 foi presidente do consello de goberno de Turín; aínda que dende posicións moderadas, loitou a prol da unidade italiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘botar, vomitar, guindar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona na conca do Llobregat (3.304 h [1996]). Os principais cultivos son os cereais e mais a vide, que abastece unha importante produción vinícola. Hai gando ovino, caprino e porcino. Tamén conta con xacementos de sales potásicos. É importante a industria téxtil, con fábricas de fíos de algodón e a fabricación de produtos químicos e as industrias derivadas da madeira. Entre o patrimonio monumental destacan o castelo (s XIV) e a igrexa románica da Mare de Déu del Castell.

    VER O DETALLE DO TERMO