atravesar
-
v t
Pasar dun lado ao oposto dunha cousa.
Ex: A ponte de Rande atravesa a ría de Vigo.
Sinónimos: cruzar. -
v t
Pasar ou facer que pase unha cousa por un corpo penetrando nel.
Ex: Atravesou o corpo do inimigo coa espada. Atravesou o papel coas tesoiras.
Sinónimos: traspasar. -
v t
Poñer ao través, oblicuamente ou de modo que pase dunha parte a outra.
Ex: O camión esvarou e atravesou a estrada.
-
v t
Pasar cruzando dunha parte a outra.
Ex: Atravesou a nado o río.
-
v t
Pasar circunstancialmente por unha determinada situación, favorable ou desfavorable.
Ex: A empresa atravesa un bo momento económico. A súa vida atravesa unha crise.
-
v i
Ir alguén dun lado ao outro.
Ex: Atravesou polo campo para chegar antes.
Sinónimos: cruzar. -
v pron
Poñerse unha cousa ao través, oblicuamente ou na metade dun camiño ou conduto, obstaculizando o paso.
Ex: Atravesóuselle un óso tan grande na gorxa que case afoga.
-
v pron
Inmiscirse nunha conversa ou nun asunto alleo.
Ex: Á miña sogra gústalle moito atravesarse nas nosas discusións conxugais.
Palabras veciñas
atraso económico de Galicia, O | Atrato | atravesado -da | atravesar | atrazina | atrebatense | atreitado -daIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atraveso
atravesas
atravesa
atravesamos
atravesades
atravesan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atravesaba
atravesabas
atravesaba
atravesabamos
atravesabades
atravesaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atravesei
atravesaches
atravesou
atravesamos
atravesastes
atravesaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atravesara
atravesaras
atravesara
atravesaramos
atravesarades
atravesaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atravesarei
atravesarás
atravesará
atravesaremos
atravesaredes
atravesarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atravesaría
atravesarías
atravesaría
atravesariamos
atravesariades
atravesarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atravese
atraveses
atravese
atravesemos
atravesedes
atravesen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atravesase
atravesases
atravesase
atravesasemos
atravesasedes
atravesasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atravesar
atravesares
atravesar
atravesarmos
atravesardes
atravesaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
atravesa
-
-
atravesade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atravesar
atravesares
atravesar
atravesarmos
atravesardes
atravesaren
atravesada
atravesados
atravesadas