cruzar

cruzar

(

  1. v t

    Poñer dúas cousas ou unha cousa sobre outra en forma de cruz.

    Ex: Torceu o fociño e cruzou os brazos sen dar máis explicacións.

  2. v t

    Pasar dun lado ao outro dunha cousa ou dun lugar.

    Ex: Cruza a rúa cando non veñan coches. Cruzamos a praza nunha carreiriña dun can. Para ir a Cangas e Moaña cruzamos a ponte de Rande.

    Sinónimos: atravesar.
  3. v t

    Xuntar dous individuos xenotipicamente distintos co fin de que se reproduzan sexualmente.

    Ex: Cruzaron unha egua británica cun cabalo andaluz.

  4. v t

    Intercambiar aquilo que se expresa con alguén.

    Ex: Cruzaron moitas mensaxes cando estaban fóra.

  5. v t

    Poñer algo de xeito diagonal nun lugar.

    Ex: Cruzou varios paos na entrada da horta para que non pasasen as galiñas.

    Sinónimos: atravesar.
  6. v t [MAR]

    Navegar en todas as direccións dentro dun espacio determinado para protexer o comercio, bloquear unha costa, vixiar ou outros fins.

  7. v t [INFORM]

    Combinar informacións de dúas ou máis bases de datos con aspectos en común, coa finalidade de comprobar se coincide o almacenado nunha parte co gardado na outra, ou realizar calquera outra operación que remate cunha selección de parte dos datos, por exemplo, unha listaxe de persoas para incluír nun envío masivo de correo.

  8. v pron

    Interpoñerse algo dun lado a outro.

    Ex: Cruzóusenos un tractor nunha curva e saímos da estrada.

  9. v pron

    Atoparse nun punto persoas ou cousas que van polo mesmo camiño en distinta dirección.

    Ex: Cruceime co meu mestre de galego na rúa.

  10. v pron

    Xuntarse nun punto dúas liñas ou dous camiños.

    Ex: Neste punto crúzanse varias rutas.

  11. v pron

    Intercambiarse dúas persoas entre si ou con outra aquilo que se expresa.

    Ex: Cruzáronse unhas miradas matadoras.

Frases feitas

  • Cruzar os brazos. Permanecer indiferente ante unha situación determinada.

Conxugar
VERBO cruzar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cruzo
cruzas
cruza
cruzamos
cruzades
cruzan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cruzaba
cruzabas
cruzaba
cruzabamos
cruzabades
cruzaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
crucei
cruzaches
cruzou
cruzamos
cruzastes
cruzaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cruzara
cruzaras
cruzara
cruzaramos
cruzarades
cruzaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cruzarei
cruzarás
cruzará
cruzaremos
cruzaredes
cruzarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cruzaría
cruzarías
cruzaría
cruzariamos
cruzariades
cruzarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cruce
cruces
cruce
crucemos
crucedes
crucen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cruzase
cruzases
cruzase
cruzasemos
cruzasedes
cruzasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cruzar
cruzares
cruzar
cruzarmos
cruzardes
cruzaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
cruza
-
-
cruzade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cruzar
cruzares
cruzar
cruzarmos
cruzardes
cruzaren
Xerundio cruzando
Participio cruzado
cruzada
cruzados
cruzadas