"Sind" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 167.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade, adquirida ou herdada, que se caracteriza por un transtorno dos túbulos proximais do ril, de causa descoñecida. A forma hereditaria provoca acidose tubular renal, glicosuria, fosfaturia, aminoaciduria, hipopotasemia, raquitismo, poliuria e polidipsia; asociada á cistinuria aparece, ademais, retraso do crecemento e insuficiencia renal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización constituída en Betanzos a comezos de 1932. Un ano máis tarde, integraba dez sociedades dos concellos de Betanzos, Bergondo (Lubre e Guísamo), Sada (Soñeiro, Carnoedo, Meirás, Mondego e Sada) e Oza dos Ríos (Mondoi e Porzomillos) que representaban 580 afiliados. Durante a Fronte Popular dividiuse nas homólogas de Sada e de Betanzos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo confederal composto por dez sindicatos agrarios, de oficios varios, dos concellos de Carballo (Berdillo, Goianes, e Sofán), Coristanco (Erbecedo), Cabana (Nantón e Neaño), Ponteceso e Laracha (Golmar, Vilaño e Cabovilaño) afiliados á CNT. Constituído en 1934, durante a Fronte Popular agrupou a 650 afiliados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo confederal que abranguía os sindicatos de Noia, Lousame, Serra de Outes, Escarabote, A Pobra, Porto do Son e Portosín afiliados á CNT. Constituíuse durante a Fronte Popular grazas ao labor de Enrique Fernández e Claro José Sendón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación constituída en agosto de 1931 en que figuraba media ducia de sociedades de Ferrol e unha de Mugardos, e na que destacaban o Sindicato General, dos traballadores da industria naval, polo seu volume de afiliación, e o de Camareros e de Transportes, pola súa combatividade. A finais do mesmo ano produciuse a incorporación dalgunhas sociedades escindidas da UGT e do Sindicato de Canteros, cunha traxectoria como sindicato independente dende finais do s XIX.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo aglutinador das diversas sociedades de resistencia existentes en Santiago de Compostela que, durante o primeiro terzo do s XX, adoptou diversas denominacións. A primeira, Federación Local de Trabajadores, fundouse en 1902, e perdurou ata finais da primeira década do século. Reorganizouse en 1916 coa denominación de Federación de Obreros y Agrarios de Santiago, baixo a influencia de Xosé Pasín Romero. A integración da maioría das sociedades de oficio compostelá na CNT a partir de 1919, determinou que o colectivo ficase integrado na central anarcosindicalista baixo o nome de Federación Local de Sindicatos de Santiago ata 1934, data na que o ingreso no Partido Sindicalista de numerosos cadros societarios composteláns, levou ao arredamento de diversos sindicatos da organización cenetista e á creba da federación local.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación internacional de sindicatos ligados aos partidos socialistas creada en Copenhaguen en 1901 e nomeada así a partir de 1913. Trala Primeira Guerra Mundial reduciuse a súa importancia e a súa actividade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación internacional de sindicatos xurdida da conferencia obreira mundial celebrada en Londres (1945), baixo a iniciativa de Walter Citrine, secretario xeral das trade unions británicas e presidente da Federación Sindical Internacional (FSI), e de Švernik, secretario xeral dos sindicatos soviéticos. No primeiro congreso (París, 1945) estaban representados cerca de 70 millóns de traballadores e Citrine foi nomeado presidente. En 1949 os sindicatos europeos que aceptaron o Plan Mar-shall retiráronse da FSM e crearon, xunto coa American Federation of Labor (AFL), a Confederación Internacional de Sindicatos Libres (CISL). Tivo como sedes as cidades de París, Viena e Praga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Artrite reumatoide na que aparece esplenomegalia e leucopenia con neutropenia.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter político editada a partir de outubro de 1977. Subtitulouse “Sindicato Nacional de CC OO de Galicia”. Dirixida por Xesús Abuín Redondo e Leonardo Baltanás, incluíu información sobre reivindicacións, congresos e aspectos laborais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome que consiste nunha invasión do seo cavernoso por unha lesión neoplásica da naso-farinxe; maniféstase por oftalmoplexía, neuralxia ou anestesia do territorio do trixémino e parálise do nervio hipogloso.
-
PERSOEIRO
Relixioso mozárabe. Foi sacerdote dunha cidade da diocese de Qurtuba, na Córdoba musulmana, onde tamén foi martirizado (852). Na iconografía viste sotana sacerdotal, ás veces con roquete, e leva como atributos a palma do martirio e un alfanxe. A súa festividade celébrase o 13 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo xermánico, latinizado en Gumesindus, composto de guma ‘home’ e swind ‘forte’. Presenta as variantes Gumesindo/Gumesinda e os hipocorísticos Gumerso, Gumer, Sindo/Sinda. A súa festividade celébrase o 13 de xaneiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do antropónimo Gumersindo/Gumersinda.
-
PERSOEIRO
Bispo de Iria Flavia (920-924). Membro dunha familia nobre, foi cabaleiro e gobernou o conmisio de Pico Sacro. Recibiu as ordes sagradas e foi abade da canónica de Iria desde 912. Consagrado bispo de Iria, foi patrón do mosteiro de San Salvador de Cinissa e de Santa Comba de Bande.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo feminino Ermesinda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo feminino Ermosinda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do antropónimo Dosindo/Dosinda.
-
-
Que é común ou se realiza entre dous ou máis sindicatos.
-
Organización que reúne a varios sindicatos baixo un mesmo órgano de dirección.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización xurdida da fusión de ING e CTG, denominada INTG desde 1981. A división dentro da esquerda nacionalista tivo como consecuencia a escisión, en 1985, do sector procedente da Central de Traballadores Galegos (CTG) e da Confederación Sindical Galega (CSG), que constituíu a CXTG-IN (Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional). Trala coalición electoral coa CXTG en 1990 baixo o nome de Converxencia Intersindical Galega, a reunificación ratificouse en 1993 coa constitución da Confederación Intersindical Galega (CIG).