Federación Local de Sindicatos de Santiago
Organismo aglutinador das diversas sociedades de resistencia existentes en Santiago de Compostela que, durante o primeiro terzo do s XX, adoptou diversas denominacións. A primeira, Federación Local de Trabajadores, fundouse en 1902, e perdurou ata finais da primeira década do século. Reorganizouse en 1916 coa denominación de Federación de Obreros y Agrarios de Santiago, baixo a influencia de Xosé Pasín Romero. A integración da maioría das sociedades de oficio compostelá na CNT a partir de 1919, determinou que o colectivo ficase integrado na central anarcosindicalista baixo o nome de Federación Local de Sindicatos de Santiago ata 1934, data na que o ingreso no Partido Sindicalista de numerosos cadros societarios composteláns, levou ao arredamento de diversos sindicatos da organización cenetista e á creba da federación local.