"Tama" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 92.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero desdentado arborícola co fociño curto e a lingua pegañenta. É de costumes arborícolas e de vida nocturna. Aliméntase doutros insectos ademais de formigas. A área de distribución da especie comprende América Central e do Sur ata Bolivia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos, da familia dos mirmecofáxidos, ao que pertence o oso formigueiro denominado tamanduá.
-
-
Que é dun tamaño ou grao tan grande como aquilo con que se compara.
-
Maior ou menor volume ou dimensión que ten algunha cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tamenghest.
-
PENÍNSULAS
Península do S de Rusia que constitúe a extremidade occidental do Cáucaso, entre o Mar Negro e o mar de Azov. Está separada de Crimea polo estreito de Kerč’ (2.000 km2).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Xeorxia (1184-1212), filla de Xurxo III. O seu reinado marcou a época máis esplendorosa no eido político e cultural.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
noiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino correspondente a un vello nome da Europa oriental que ordinariamente se relaciona co hebreo thamar ‘palmeira’. Con este nome destacan unha filla do Rei David e unha raíña de Xeorxia (s XII).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que evoca Tamaris, forma latina do actual río Tambre. É de orixe prerromana escura, quizais celta. Correspóndese con diferentes topónimos esdrúxulos en -ara, como Braccara (Braga), Láncara, Tállara, Lózara, e con nomes comúns como gándara ou *senara (senra/seara). Trátase dun nome de río convertido en antropónimo como Ulla, ou como en inglés Jordan. Non debe confundirse con Tamara.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paz asinada en xullo de 1127 en Támara (Palencia), entre Afonso I de Aragón e o seu fillastro Afonso VII de Castela, grazas á mediación de Gastón de Bearn e Céntulo de Bigorra. Afonso I renunciou ás prazas castelás que posuía polo seu matrimonio con Urraca de Castela e ao título imperial herdado de Afonso VI, ao cambio de recuperar as prazas ocupadas polos casteláns en La Rioja.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo musical formado en 1957. Estaba composto por Prudencio Romo González, Alberto Romo González, Manuel Paz, José Sarmiento, Germán Olariaga, Gerardo Bravo e Enrique Paisal. Iniciáronse como grupo en Vigo e despois comezaron unha serie de concertos por Marrocos, Alxeria e diversos países europeos. Durante a década de 1960 acadaron moita sona como grupo melódico e comezaron a popularizar moitas cancións, algunhas delas en galego. En 1970, grazas ás xestións de Prudencio Romo, entrou a formar parte do grupo o cantante Pucho Boedo. Con esta incorporación o grupo deu o salto definitivo na súa popularidade e actuou en lugares destacados, como a Sala Olimpia de París. Gravaron oito discos con máis de cen cancións e foi o primeiro grupo que gravou un disco totalmente en galego, titulado Na fermosa Galicia. Das cancións máis famosas do grupo, moitas delas compostas por Prudencio Romo, destacan “Venecia sin ti”, “Si te vas de mi”, “Mi tierra gallega”, “A Santiago voy” ou “Airiños, airiños,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto duns 2-5 m de altura coas follas escamiformes, flores brancas e froito disposto en cápsula. Florece en primavera e en verán en terreos húmidos e salgados. Cultívase como planta ornamental en xardíns e paseos.
-
-
Relativo ou pertencente ás tamaricáceas.
-
Planta da familia das tamaricáceas.
-
Familia de árbores ou arbustos, da orde das violais, con follas pequenas e alternas, flores actinomorfas, hermafroditas, tetrámeras ou pentámeras, hipóxinas e pequenas, solitarias ou dispostas en acios espiciformes, e froito en cápsula loculicida.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Árbore robusta, de ata 24 m de altura, con follas pinnatisectas e colgantes, flor amarela pálida, con pintas vermellas, zigomorfas, hermafroditas, con catro sépalos e tres pétalos e froito en legume. É orixinaria de África tropical. Cultívase nas rexións cálidas como árbore froiteira, ornamental e de sombra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto caducifolio, de ata 8 m de altura, coa cortiza de cor parda con fendas e ramas delgadas e flexibles que saen case desde a base. As follas son alternas, escuamiformes, de forma ovado-agudas, moi pequenas, sentadas e de cor verde glauca. As flores son pequenas, hermafroditas con 5 pétalos e 5 estames dispostos en acios de cor branca ou rosada que nacen nas extremidades das ramas novas e que aparecen ao mesmo tempo ca as follas e froito en cápsula. Florece entre abril e xuño. En Galicia é moi frecuente en toda a zona do litoral.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Huesca, Aragón (3.655 h [2001]). A súa economía baséase principalmente no sector primario e no terciario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de pequenas árbores ou arbustos, da familia das tamaricáceas, con follas simples, alternas e aciculares, flores brancas ou rosas de pequeno tamaño, dispostas en acios especiformes e froito en cápsula. Crecen en terreos húmidos salinos de terra baixa. En Galicia está presente en zonas de beiramar ou en zonas pantanosas a especie T. gallica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome serbocroata do río Timiş.
-
PERSOEIRO
Escritor húngaro. Da súa obra, en que trata sobre homes e paisaxes de Transilvania, destacan as novelas Ábel a rengetegben (Abel na selva, 1932), Ábel az országban (Abel no país, 1933), Ábel Amerikában (Abel en América, 1934) e Sziron és Boly (1960), ademais dos contos recollidos en Világ és holdvilág (Mundo e craro de lúa, 1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Toamasina.