Támara, Acordos de
Támara, Acordos de
Paz asinada en xullo de 1127 en Támara (Palencia), entre Afonso I de Aragón e o seu fillastro Afonso VII de Castela, grazas á mediación de Gastón de Bearn e Céntulo de Bigorra. Afonso I renunciou ás prazas castelás que posuía polo seu matrimonio con Urraca de Castela e ao título imperial herdado de Afonso VI, ao cambio de recuperar as prazas ocupadas polos casteláns en La Rioja.