Támara
Támara
[ONOM]
Antropónimo feminino que evoca Tamaris, forma latina do actual río Tambre. É de orixe prerromana escura, quizais celta. Correspóndese con diferentes topónimos esdrúxulos en -ara, como Braccara (Braga), Láncara, Tállara, Lózara, e con nomes comúns como gándara ou *senara (senra/seara). Trátase dun nome de río convertido en antropónimo como Ulla, ou como en inglés Jordan. Non debe confundirse con Tamara.