"Tip" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 256.

    1. Relativo ou pertencente a un arquetipo.

    2. Escola de crítica literaria baseada no recoñecemento de universais literarios, denominados arquetipos: imaxes, temas, modelos narrativos e outros fenómenos que aparecen en todas as culturas. Defende o estudo de cada obra literaria integrándoa no conxunto da literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipo ou modelo ideal, perfecto, orixinal ou primario que serve de modelo.

    2. Segundo as escolas psicolóxicas baseadas nas teorías de Jung, estrutura subxacente ás simbolizacións inconscientes do individuo que procede da experiencia colectiva de toda a humanidade, e que son modelos de contos, lendas, mitos ou delirios.

    3. Organismo arcaico, ás veces hipotético, a partir do que se diversificaron as formas actuais dun determinado grupo de seres vivos.

    4. Na filosofía de Platón, cada unha das ideas subsistentes que son modelos das realidades sensibles.

    5. Códice, conservado ou non, que serve de modelo a unha familia de manuscritos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desprovisto das características típicas dun determinado grupo de individuos, obxectos ou sucesos.

    2. Termo moi controvertido que ás veces esconde a impotencia de recoñecer unha peza. Concibiuse un número bis (atípico) para cada tipo dunha listaxe de pezas estática; sen embargo, nas análises tecnolóxicas actuais procúrase reemprazar cunha descrición completa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de atiplar.

    2. Con voz como a do tiple, aguda e en ton elevado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alzar o ton da voz ou dun instrumento, ata chegar a tiple.

    2. Facer máis aguda a voz, convertela en tiple.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade de reprodución que se caracteriza pola obtención de medias tintas a base de puntos de medida diferente, mediante a interposición dunha trama entre o obxectivo e a placa sensible dunha máquina fotográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á zona do dominio peláxico situada entre os 500-600 m e os 2.000-2.500 m de profundidade; non lle chega a luz e moitas características corresponden ás da rexión abisal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Respiración lenta e profunda que aparece principalmente na acidose respiratoria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialidade da Psicoloxía que ten como método a psicanálise. Tamén se coñece co nome de psicoloxía profunda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área montañosa da rexión sudanesa de Nixeria, formada por un altiplano de gneises do cal sobresaen altiplanos residuais ou monadnocks de granito. É o lugar máis importante de África en explotación de casiterita, da que se extrae o estaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Meseta da rexión central de Angola, elevada a unha altura media de 1.500 m. No seu interior, na parte NO, érguese o monte Môco (2.619 m), altitude máxima do país e divisoria de augas; nel nacen, entre outros, os ríos Cuanza, Cubango, Cunene e Cuando. O seu clima é temperado, ao estar matizadas polo factor altitude as condicións que lle corresponderían pola súa latitude tropical (11°-15° S): Kuito, situado no centro do altiplano, ten unha temperatura media anual de 19°C e rexistra unha precipitación de 544 mm anuais, recollidos sobre todo no verán. Predomina a vexetación de sabana e as explotacións agrarias, principalmente plantacións comerciais, sitúanse ao longo da liña do ferrocarril de Benguela ao Congo, que atravesa o altiplano conectando os seus principais núcleos de poboación (Huambo, Kuito, Camacupa, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de características constitutivas da anatomía, a bioloxía ou a psicoloxía de cada individuo.

    2. Conxunto de individuos con características xenéticas idénticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudio das correlacións existentes entre a estrutura corporal dos individuos e as súas características psicolóxicas e patolóxicas, co fin de agrupalos segundo uns patróns básicos ou biotipos. Elaboráronse moitas biotipoloxías desde as tentativas iniciais de Hipócrates, pero a máis coñecida é a do alemán Ernst Kretschmer, que describiu os tipos leptosomático (ou asténico), pícnico e atlético e que engloba os que non se inclúen nesta clasificación baixo o nome de displásicos. Os tipos leptosomático e pícnico corresponderíanse cos psicotipos esquizotímico e ciclotímico, respectivamente. Os demais non presentan unha correspondencia tan clara. Outra biotipoloxía, utilizada nos países anglosaxóns, é a de William H. Sheldon, que distribúe os suxeitos nos grupos endomorfo, mesomorfo e ectomorfo, segundo a folla blastodérmica que predomine.

    2. Sistema de clasificación biotipolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á biotipoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dobremente pinnatipartido, especialmente referido ás follas pinnatipartidas que, á súa vez, presentan divisións pinnatipartidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten dúas estípulas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oceiro mensual do gremio dos tipógrafos composteláns, cun primeiro número que saíu do prelo o 30 de xuño de 1890. O seu director foi o secretario da Asociación, o republicano José C. Otero. Pode considerarse como o decano da prensa obreira de Santiago. Debido a discrepancias entre os afiliados, desapareceu xunto coa Asociación Tipográfica no ano 1891.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imprenta da que era propietario Ángel Antonio Henri, editor do Diario de La Coruña. En 1813 editouse nela unha tradución das Odas de Horacio elaborada por Sobrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de gravación en cobre e con relevos, realizado a través de pranchas, dunhas composicións tipográficas con caracteres movibles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento fotográfico patentado por W. H. F. Talbot no 1841, que consiste en fixar a imaxe sobre papel fotosensible mediante o proceso negativo-positivo. Permite a tiraxe de copias e foi a orixe dos procedementos modernos de fotografía.

    VER O DETALLE DO TERMO