"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. abastecemento.

    2. Provisións ou avituallamento de produtos de primeira necesidade.

    3. Mercado onde se despachan produtos de primeira necesidade, principalmente alimentarios. En orixe era a praza pública, pero nas civilizacións urbanas axiña se desenvolveron tipoloxías arquitectónicas propias para dotar os mercados da infraestrutura axeitada, por exemplo o basilical de Traiano da Roma imperial (s I-II). En Galicia destaca polo seu valor arquitectónico, a praza de abastos de Santiago de Compostela (1940), unha das últimas intervencións arquitectónicas no conxunto histórico compostelán antes de se declarar Patrimonio Histórico Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de abater ou abaterse.

    2. Estado de debilidiade física en que se atopa unha persoa.

    3. Estado en que se atopa unha persoa cando ten o ánimo decaído.

    4. Redución do prezo de venda dunha mercadoría por parte do vendedor.

    5. Práctica comercial que consiste en aumentar o volumen de vendas traballando cunhas marxes de beneficio inferiores ás normais.

      1. Movemento de rotación que porta un plano e as figuras que contén sobre outro plano, e que ten o eixo de rotación na recta de intersección de ambos os dous planos.

      2. abatemento dunha figura

        Figura obtida como resultante do abatemento doutra.

      1. Derivación no rumbo dun barco cara a sotavento a causa do vento.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico nado en Irlanda pero de orixe e educación francesas. Estudiou o magnetismo terrestre e realizou co seu irmán, Arnaud Michel d’Abbadie estudios xeodésicos, filolóxicos, lexicográficos e xeográficos en Etiopía (1837-1848).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado en 1915 entre Arxentina, O Brasil e Chile coa finalidade de contrarrestar a influencia norteamericana. Nunca se ratificou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Personaxe que segundo a tradición foi un persa cristián prendido polos romanos e conducido a Roma xunto con Senén contra o ano 247. Acusado de dar sepultura aos cristiáns executados, non renegou da súa fe, morrendo no 250 durante a persecución do Emperador Decio. Patrón dos labregos e protector das enfermidades da vista. A súa festa celébrase o 30 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que produce abdución.

      2. Músculo ou nervio que produce a abdución.

    1. Dise dos tubos que nos aparellos de laboratorio recollen os gases desprendidos nunha reacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor portugués.
    A súa obra sitúase na evolución do neorrealismo cara ás novas alternativas técnicas.
    Entre os seus títulos máis sobranceiros cómpre mencionar A cidade das flores (1959), Os desertores (1960), As boas intenções (1963), Enseada amena (1966), Bolor (1968), O bosque harmonioso (1982), cambiante e escéptico anti-romance histórico, Único animal que.. (1985), Deste modo ou daquele (1990), romance de desencontro no amor, e Outrora agora (1996).
    Tamén se dedicou ao teatro, escribindo pezas como A palavra é de oiro (1961) e O nariz de Cleópatra (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela mourisca, aínda sen tradución ao galego, escrita cara ao 1551 e publicada en 1565. Narra a historia de amor de Jarifa e Abindarráez e o seu casamento en segredo. Este tema aparece nos chamados Romances fronterizos e nas obras de diversos autores como Antonio de Villegas, Jorge de Montemor, Juan Timoneda e Lope de Vega, quen o aproveita en La Dorotea e en El remedio en la desdicha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Estudiou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e pouco despois emigrou a Paraguai. Publicou poesía en xornais de Galicia e América. Coñécense as súas poesías en galego Virxen da Guía e Lembranzas, recollidas por Uxío Carré Aldao na antoloxía que acompaña á súa Literatura Gallega (1911), e o poemario Volta prá terra. En castelán publicou a lenda en verso La novia de un marino (1882) e o poemario Poemas satíricos y gozosos (1887), editado en Paraguai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Probablemente Bispo de Hierápole (Frixia). Foi coñecido grazas a unha inscrición sepulcral en versos gregos (epitafio de Abercio), na que se expresa de xeito simbólico a celebración da Eucaristía no Oriente e no Occidente. A festa celébrase o 22 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de abrir.

      1. Que sufriu abertura.

      2. Que permite o paso.

      3. Espacio amplo e sen ningún obstáculo.

    2. Circuíto ou elemento do circuíto que presenta discontinuidade e, polo tanto, non permite o paso da corrente eléctrica.

    3. Fonema que en posición tónica se realiza, articulatoriamente, mediante unha separación intermaxilar ou linguopalatal que crea unha maior abertura para a saída do aire. En galego os fonemas vocálicos /E/ e /O/ (présa [prEsa], óso [Oso]) son abertos, fronte a /e/ e /o/ que son pechados (presa [presa], oso [oso]).

    4. Termo empregado por Punya S. Ray que designa aquela variedade lingüística que se pode deixar influír por outra.

    5. Castelo, torre ou pazo que presenta aberturas nas portas e nas fiestras, a través das cales se ve o campo e o esmalte da peza que está cargada.

    6. Ás dunha ave cando están separadas do corpo.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore da subfamilia das abietoideas que pertence aos xéneros Abies, Picea, Pseudotsuga ou Tsuga. Caracterízase por ter acículas perennes que non sobrepasan os 35 mm, presentes só nos macroblastos.

    2. Árbore de ata 45 m de altura, de cortiza branco-grisalla, acículas de ata 3 cm fendidas no ápice, e piñas ergueitas de ata 20 cm que se desfán ao madurar. É propia das montañas do sur e centro de Europa e queda restrinxida, na Península Ibérica, aos Pireneos e ao Montseny. En Galicia introduciuse como cultivo ornamental.

    3. Árbore de ata 50 m de altura, de cortiza grisalla, acículas de 3,5 cm e piñas ergueitas de ata 18 cm. É unha especie propia do Cáucaso que se cultiva en Galicia como ornamento.

    4. Árbore de ata 55 m de altura, con acículas de ata 3 cm, e piñas pendurantes de ata 10 cm con brácteas nas que sobresaen tres dentes anchos. En Galicia emprégase para repoboacións e en usos ornamentais.

    5. Árbore de ata 25 m de altura, con acículas de 2,5 cm e piñas ergueitas de ata 15 cm. Localízase nas montañas de Málaga e Cádiz, e no Atlas africano. En Galicia aparece cultivada como planta ornamental.

    6. Árbore de ata 60 cm de altura, con acículas de 1,8 cm e piñas pendurantes de 2,5 cm. Cultívase para a obtención de madeira no norte de Europa, e en Galicia emprégase como ornamento.

    7. Árbore de ata 50 m de altura, con acículas de 2,5 cm rematadas en punta e inseridas nas poliñas sobre un pequeno coxín, e con piñas pendurantes de ata 15 cm. É natural do centro e norte de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave duns 76 cm de lonxitude, de plumaxe castaña pinta e riscada de escuro, patas longas e de cor verde, cunha voz semellante ao muxido dun boi. É de hábitos crepusculares e vive en humidais con grandes extensións de vexetación palustre. Repartida polo Paleártico, inverna na África tropical e Asia meridional. Na Península a maioría das parellas localízanse na albufeira de Alcúdia, no delta do Ebro e nos humidais do Empordá. En Galicia só está rexistrada como aniñadora nas Ribeiras do Louro.

    2. Ave duns 66 cm de lonxitude, de aspecto moi semellante ao abetouro común. Propia de Norteamérica, aparece como divagante en Galicia e noutros puntos de Europa occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera sal ou éster do ácido abiético. Utilízanse na industria de vernices e pinturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore da subfamilia das abietoideas.

    2. Subfamilia de árbores da familia das pináceas á que pertencen os xéneros Abies, Picea, Pseudotsuga e Tsuga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Furto de gando. Figura delitiva autónoma no dereito penal antigo. Consérvase nalgúns países de América.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade que se paga.

    2. Acreditación na que se dá veracidade de calquera cousa.

    3. Calquera asento feito no haber dunha conta.

    4. Acto mediante o cal terceiras persoas xustifican a intervención nun acto xurídico dunha testemuña morta ou ausente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abocar.

    2. Sinal que aparece despois dunha mordedura.

      1. Lugar onde un vaso ou conduto desemboca noutro máis grande.

      2. Anastomose cirúrxica das aberturas de dúas cavidades ou condutos de igual ou diferente natureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de abonar ou abonarse.

    2. Modalidade de prestación dun servicio, que se prolonga no tempo e derivado dun contrato, normalmente de adhesión a un determinado servicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sentimento de desgusto producido por unha cousa determinada.

    2. Sensación que se produce ao non ter nada con que divertirse ou pasar o tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO