abeto
(< lat v abēte < lat c abiĕte)
-
s
m
[PLANTA]
Árbore da subfamilia das abietoideas que pertence aos xéneros Abies, Picea, Pseudotsuga ou Tsuga. Caracterízase por ter acículas perennes que non sobrepasan os 35 mm, presentes só nos macroblastos.
-
abeto branco
[PLANTA]
Árbore de ata 45 m de altura, de cortiza branco-grisalla, acículas de ata 3 cm fendidas no ápice, e piñas ergueitas de ata 20 cm que se desfán ao madurar. É propia das montañas do sur e centro de Europa e queda restrinxida, na Península Ibérica, aos Pireneos e ao Montseny. En Galicia introduciuse como cultivo ornamental.
-
abeto
[PLANTA]
Árbore de ata 50 m de altura, de cortiza grisalla, acículas de 3,5 cm e piñas ergueitas de ata 18 cm. É unha especie propia do Cáucaso que se cultiva en Galicia como ornamento.
-
abeto de Douglas
[PLANTA]
Árbore de ata 55 m de altura, con acículas de ata 3 cm, e piñas pendurantes de ata 10 cm con brácteas nas que sobresaen tres dentes anchos. En Galicia emprégase para repoboacións e en usos ornamentais.
-
abeto pinsapo
Árbore de ata 25 m de altura, con acículas de 2,5 cm e piñas ergueitas de ata 15 cm. Localízase nas montañas de Málaga e Cádiz, e no Atlas africano. En Galicia aparece cultivada como planta ornamental.
-
abeto planifolio
Árbore de ata 60 cm de altura, con acículas de 1,8 cm e piñas pendurantes de 2,5 cm. Cultívase para a obtención de madeira no norte de Europa, e en Galicia emprégase como ornamento.
-
abeto rubio
[PLANTA]
Árbore de ata 50 m de altura, con acículas de 2,5 cm rematadas en punta e inseridas nas poliñas sobre un pequeno coxín, e con piñas pendurantes de ata 15 cm. É natural do centro e norte de Europa.