abatemento

abatemento

(

  1. s m

    Acción ou efecto de abater ou abaterse.

    Ex: Mañá vaise proceder ó abatemento do vello teatro da cidade.

    Sinónimos: derribamento. Antónimos: elevación, levantamento.
  2. s m

    Estado de debilidiade física en que se atopa unha persoa.

    Ex: O corredor chegou á meta en estado de abatemento.

    Sinónimos: aplanamento, decaemento, desfalecemento, esmorecemento. Antónimos: brío. Confrontacións: debilitación, esgotamento, prostración.
  3. s m

    Estado en que se atopa unha persoa cando ten o ánimo decaído.

    Ex: Non quería saír polas noites a causa do seu abatemento.

    Sinónimos: aplanamento, desalento, desánimo, desazo. Antónimos: euforia. Confrontacións: apatía, deixamento, depresión, melancolía, tristeza, tristura.
  4. s m [ECON]

    Redución do prezo de venda dunha mercadoría por parte do vendedor.

  5. s m [ECON]

    Práctica comercial que consiste en aumentar o volumen de vendas traballando cunhas marxes de beneficio inferiores ás normais.

  6. [MAT]
    1. s m

      Movemento de rotación que porta un plano e as figuras que contén sobre outro plano, e que ten o eixo de rotación na recta de intersección de ambos os dous planos.

    2. abatemento dunha figura

      Figura obtida como resultante do abatemento doutra.

  7. s m [MAR]
    1. Derivación no rumbo dun barco cara a sotavento a causa do vento.

    2. alor do ángulo formado polo rumbo real e o rumbo aparente.

Palabras veciñas

abasto | abatanar | abatanar | abatemento | abater | abater | Abati,Joaquín