abater
(< lat tardío abbatuĕre)
-
(Madrid 1865 - 1936) Escritor. É autor dun gran número de comedias e zarzuelas moi coñecidas no seu tempo, entre outras, Genio y figura e El asombro de Damasco.
-
v t
Facer caer ou botar ao chan algo.
Ex: O forte temporal abateu o tellado da escola.
Antónimos: construír, elevar, erguer. -
v t
Matar con violencia unha persoa ou animal facéndoos caer ao chan.
Ex: O exército revolucionario abateu centos de persoas. O cazador coa súa escopeta abateu unha pega.
-
v t
Baixar ou facer descender unha cousa erguida ata poñela en posición horizontal.
Ex: Os dous estaban dentro do coche e decidiron abater os asentos para estar máis cómodos.
-
v t
Facer perder a alguén a forza física ou moral, a coraxe ou o vigor.
Ex: Aqueles desgraciados abatérono con esas malas novas.
Sinónimos: aplanar, debilitar, desfalecer. Confrontacións: deprimir, desanimar. -
v pron
Perder a forma e a forza física ou ben a moral, a coraxe ou o vigor.
Ex: Non podes abaterte polas cousas que pasaron.
-
v pron
Caer ou vir para abaixo algo que estaba erguido.
Ex: Coa forte chuvia abateuse o valado do pasto.
-
v pron
Inclinarse un corpo cara ao chan.
Ex: As pólas do limoeiro abatéronse de tanto peso que tiñan. Os folgistas abatéronse detrás das árbores para despistar a policía.
-
v pron
[MAR]
Separarse unha nave cara a sotavento do rumbo que tiña que seguir.
Sinónimos: derivar. -
abater as cartas/abater o xogo
[XOGO]
Nos xogos de naipes, mostrar o xogo aos outros xogadores poñendo as cartas cara a arriba.
Frases feitas
-
Abaterse o corazón. Recibir un forte susto. Ex: Abatéuseme o corazón cando non era quen de controlar o coche.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles abato
abates
abate
abatemos
abatedes
abaten
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles abatía
abatías
abatía
abatiamos
abatiades
abatían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles abatín
abatiches
abateu
abatemos
abatestes
abateron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles abatera
abateras
abatera
abateramos
abaterades
abateran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles abaterei
abaterás
abaterá
abateremos
abateredes
abaterán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles abatería
abaterías
abatería
abateriamos
abateriades
abaterían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles abata
abatas
abata
abatamos
abatades
abatan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles abatese
abateses
abatese
abatesemos
abatesedes
abatesen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles abater
abateres
abater
abatermos
abaterdes
abateren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
abate
-
-
abatede
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles abater
abateres
abater
abatermos
abaterdes
abateren
abatida
abatidos
abatidas