abater

abater

(< lat tardío abbatuĕre)

  1. v t

    Facer caer ou botar ao chan algo.

    Ex: O forte temporal abateu o tellado da escola. 

    Sinónimos: derribar, derrubar. Antónimos: construír, elevar, erguer. Confrontacións: destruír.
  2. v t

    Matar con violencia unha persoa ou animal facéndoos caer ao chan.

    Ex: O exército revolucionario abateu centos de persoas. O cazador coa súa escopeta abateu unha pega. 

  3. v t

    Baixar ou facer descender unha cousa erguida ata poñela en posición horizontal.

    Ex: Os dous estaban dentro do coche e decidiron abater os asentos para estar máis cómodos. 

  4. v t

    Facer perder a alguén a forza física ou moral, a coraxe ou o vigor.

    Ex: Aqueles desgraciados abatérono con esas malas novas. 

    Sinónimos: aplanar, debilitar, desfalecer. Confrontacións: deprimir, desanimar.
  5. v pron

    Perder a forma e a forza física ou ben a moral, a coraxe ou o vigor.

    Ex: Non podes abaterte polas cousas que pasaron. 

  6. v pron

    Caer ou vir para abaixo algo que estaba erguido.

    Ex: Coa forte chuvia abateuse o valado do pasto. 

  7. v pron

    Inclinarse un corpo cara ao chan.

    Ex: As pólas do limoeiro abatéronse de tanto peso que tiñan. Os folgistas abatéronse detrás das árbores para despistar a policía. 

  8. v pron [MAR]

    Separarse unha nave cara a sotavento do rumbo que tiña que seguir.

    Sinónimos: derivar.
  9. [XOGO]

    Nos xogos de naipes, mostrar o xogo aos outros xogadores poñendo as cartas cara a arriba.

Frases feitas

  • Abaterse o corazón. Recibir un forte susto. Ex: Abatéuseme o corazón cando non era quen de controlar o coche.

Palabras veciñas

abatanar | abatemento | abater | abater | Abati,Joaquín | abatible | abatido -da
Conxugar
VERBO abater
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abato
abates
abate
abatemos
abatedes
abaten
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abatía
abatías
abatía
abatiamos
abatiades
abatían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abatín
abatiches
abateu
abatemos
abatestes
abateron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abatera
abateras
abatera
abateramos
abaterades
abateran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abaterei
abaterás
abaterá
abateremos
abateredes
abaterán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abatería
abaterías
abatería
abateriamos
abateriades
abaterían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abata
abatas
abata
abatamos
abatades
abatan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abatese
abateses
abatese
abatesemos
abatesedes
abatesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abater
abateres
abater
abatermos
abaterdes
abateren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
abate
-
-
abatede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abater
abateres
abater
abatermos
abaterdes
abateren
Xerundio abatendo
Participio abatido
abatida
abatidos
abatidas