brío

brío

(< céltico brigos ‘forza,vivacidade’)

  1. s m

    Enerxía e decisión coa que se realiza unha acción que require certo esforzo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Casamento e señorío (non) queren forza (nin) brío”.

    Ex: Iniciou aquel proxecto con moito brío pero pouco a pouco fóronselle os folgos.

    Confrontacións: rixo.
  2. s m

    Sentimento elevado da propia dignidade.

  3. s m

    Elegancia ou desenvoltura que se amosa nos movementos do corpo ou na forma de andar.

    Ex: Sempre se distingue entre a multitude polo seu brío ó andar.

  4. s m [MÚS]

    Vivacidade coa que se interpreta unha peza.

    Ex: Realizou o concerto cun brío que gustou a todos os espectadores.

Frases feitas

  • Apagar os bríos. Acovardar.