"Tolox" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 119.

  • Estudio dos trastornos ocasionados no organismo por mor da inmunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • entomoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • entomolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rama da xeoloxía que estudia as características físicoquímicas das rochas, así como as condicións baixo as que se formaron. A litoloxía e a mineraloxía comezaron sendo ciencias de observación dedicadas ao estudo das propiedades ópticas das rochas e minerais (cor, brillo, dureza ou tamaño dos grans). A ansia investigadora dos humanistas dos ss XV-XVI foi a que fomentou o desenvolvemento das denominadas Ciencias da Terra. A xeoloxía, estudo da orixe das rochas e da súa disposición, non sería abordada en profundidade ata finais do s XVII, aínda que importantes precursores como Bernard Passily ou Leonardo da Vinci iniciaron o estudo de fósiles mariños. O extraordinario desenvolvemento da química desde comenzos do s XIX permitiu definir con claridade as nocións de rocha e de especie mineral, feito que fixo posible unha clasificación racional dos tipos de rochas e dos seus compoñentes. A aparición de novas técnicas de análise no laboratorio (raios-X, novos métodos de difracción ou a...

    2. Parte da medicina relativa aos cálculos e ás concrecións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á litoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da medicina que estudia as mamas, a súa fisioloxía e as súas patoloxías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á mastoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da paleontoloxía que estuda os fósiles que requiren do uso do microscopio para ser identificados e estudados, principalemte os organismos unicelulares fósiles e os restos esqueléticos microscópicos de protozoos, algas unicelulares, algúns briozoos e fragmentos de esqueleto de certos organismos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de mitos dun pobo, dun conxunto de pobos ou dunha zona xeográfica. Tamén pode facer referencia a unha relixión, divindade ou a unha obra literaria ou artística como a mitoloxía de Góngora ou Rubens.

    2. Ciencia que estuda os mitos. Pódense sinalar catro tendencias na investigación desde o último terzo do s XIX: a mitoloxía comparada, a escola antropolóxica, o simbolismo e o funcionalismo. A mitoloxía comparada, con Max Müller como principal representante, recorre ás etimoloxías e ás comparacións para chegar á raíz dos feitos que estuda, que considera como enfermidades da linguaxe. A escola antropolóxica inglesa tivo como representantes a E. B. Taylor, Andrew Lang e J. G. Frazer e optou por explicacións de tipo naturalista. Nestes enfoques de estudo dos mitos ten un papel importante o contraste entre as civilizacións chamadas primitivas e a grecolatina. O simbolismo fixa unha especie de universais míticos comúns a todas as civilizacións sen constituír ningún sistema e o funcionalismo atende ao contexto histórico-cultural sen fixarse tampouco no sistema, como na obra de Malinowski. Das correntes posteriores destacan a liña antropolóxica de base sociolóxica das análises de M. Mauss, que pretendeu...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á mitoloxía ou á mitoloxización.

    2. Que non ten existencia real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso que consiste en interpretar conceptual e filosoficamente os mitos máis alá da súa idea primeira ou elemental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da zooloxía que estuda os nematodos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á nematoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da pediatría que se ocupa especialmente do neonato e dos seus trastornos no decurso do período que vai desde o nacemento ata o primeiro mes de vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da patoloxía que se ocupa das enfermidades do sistema nervioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da medicina que trata dos dentes e das súas enfermidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á odontoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que trata sobre o ser. Se por ser se entende o que é e se amplía a todo o que pode ser, a ontoloxía aspira a un carácter de ciencia universal, xa que engloba toda realidade e posibilidade. Neste senso, a palabra ontoloxía empregouse por primeira vez a comezos do s XVII como sinónimo de metafísica e, pouco despois, a partir de C. Wolff denominou a metafísica xeral, en oposición á metafísica especial que se limitou á psicoloxía, cosmoloxía e teodicea. A neoescolástica rexeitou que a psicoloxía e a cosmoloxía fosen tratados metafísicos e mantivo a división da antiga metafísica, de raíz aristotélica, entre ontoloxía e teodicea. Respecto ao contido, as ontoloxías que se poden chamar clásicas, tanto escolásticas coma racionalistas, céntranse no estudo do ser (realidade, nada, posibilidade, devir), da súa constitución (acto-potencia, esencia-existencia) e tamén das propiedades comúns a todo ser ou atributos transcendentais (unidade, verdade, bondade e, en ocasións, beleza) e dos primeiros...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á ontoloxía.

      1. Que corresponde á orde do real, pero non por si mesmo, senón tal como é coñecido e comprendido polo home. Oponse tanto a óntico como a lóxico.

      2. argumento ontolóxico/anselmiano

        Proba a priori da existencia de Deus, establecida por santo Anselmo na súa obra Proslogium. O seu valor foi defendido ou rexeitado por diferentes filósofos, como M. Heidegger.

    VER O DETALLE DO TERMO