"USA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 381.

    1. Relación que hai entre unha causa e o seu efecto.

    2. Influxo da causa no efecto e na relación que resulta. Normalmente fai referencia á causa eficiente en contraposición á finalidade. A regularidade da relación causa-efecto ten a súa formulación no principio de causalidade (todo fenómeno ten unha causa) e na lei de causalidade (nas mesmas circunstancias, as mesmas causas producen os mesmos efectos).

    3. Relación de causa-efecto que hai entre o acto humano (de acción ou de omisión) e o resultado dun feito delitivo no que existe unha responsabilidade.

    4. Principio segundo o que o coñecemento das condicións iniciais dun sistema físico nun momento t 0 e da dinámica que o controla (forzas e ecuación do movemento) determinan completamente os valores das variables dinámicas en todo tempo t posterior a t 0 . No marco da dinámica clásica, este determinismo maniféstase polo feito de que a ecuación diferencial do movemento ten unha única solución, unha vez especificadas as condicións iniciais. A aparición da relatividade e da mecánica cuántica modificaron esta concepción; así, a causalidade estrita (coñecemento completo do estado final unha vez coñecido o estado inicial) substitúese por unha causalidade probabilista (coñecemento probabilista do estado final).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sensación cutánea molesta semellante a unha calor intensa e con comechón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen causa.

    2. Persoa física que, por mor da súa morte, provoca a sucesión legal ou testamentaria dos seus bens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ser causa de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que obra como causa ou axente.

    2. Aplícase aos verbos ou ás formas verbais que indican que o seu suxeito non realiza a acción por si mesmo senón que lla obriga a realizar a alguén ou algo. En galego, como noutras linguas romances, o causativo pode expresarse mediante o uso transitivo dun verbo intransitivo (

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmento branco, cun excelente poder de cubrición e solidez á luz, formado por carbonato básico de chumbo con algunha cantidade de carbonato neutro de chumbo. Obtense por diversos métodos tradicionais, como o holandés, baseado no ataque do chumbo con vapores de ácido acético e a transformación do acetato obtido en carbonato básico pola acción do dióxido de carbono. Empregouse moito na pintura ao óleo, sen embargo, o seu uso diminuíu a causa da súa toxicidade e da súa fácil degradación en contacto co gas sulfhídrico, a miúdo presente na atmosfera das cidades. Denomínase tamén branco de chumbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Terra de cultivo cercada, xeralmente situada preto da casa e de pouca extensión. Ex: Vou buscar pendón á chousa.

    2. Anaco de monte cercado de pouca extensión.

    3. Rede de malla fina empregada na pesca da sardiña. Ex: Botei a chousa no medio da ría e non collín máis que unha caixa de sardiñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘traballar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Xerusalén s IV) Bispo de Xerusalén e mártir baixo Xuliano o Apóstata. Na iconografía represéntase con mitra e báculo de bispo, e leva como atributo a santa Cruz do Gólgota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Xerusalén 315? - 386?) Bispo de Xerusalén (350) e doutor da Igrexa. Combateu o arianismo. Logo de ser nomeado bispo, foi deposto por un concilio de corenta bispos e sufriu tres exilios (357, 360 e 367); ata o ano 378 non recuperou a súa sé. Asistiu ao Concilio de Constantinopla (381) e defendeu a fe de Nicea. Compuxo unhas Catequeses, que se presentaron nun dobre libro; o primeiro recolle 18 homilías coresmais destinadas aos candidatos ao bautismo e o segundo 5 homilías para os novos bautizados. A súa festa celébrase o 18 de marzo

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito seco, monospermo ou polispermo, procedente da constrición lonxitudinal dos carpelos dun xineceo sincárpico, como o das lamiáceas e o das boraxináceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido comunista estadounidense fundado en 1921 por John Reed. Careceu, ao longo da súa historia, de representación política relevante; isto non impediu que se presentase como unha alternativa de mobilización no sistema político norteamericano. Os seus principios básicos son o pleno emprego, a redución fiscal, a integración racial, a defensa da clase traballadora fronte ás grandes corporacións empresariais, a redución dos gastos militares e a creación dun sistema de saúde público e universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Causa que actúa xunto con outra ou outras para producir un mesmo resultado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acusación do acusado contra o acusador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cordal de Ousá.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento de aire que consiste nun fol pequeno de coiro que, ao insuflarlle aire por medio dun cano pequeno (soprete), do que penden tres ou catro canos, un deles con buratos (punteiro), fai a melodía, e os outros (roncóns ou bordóns) fan o bordón. A intensidade do son varía segundo a presión do brazo sobre o fol. De orixe moi antiga e utilizada polos trobadores, xograres e pastores, documéntase a súa primeira descrición no s X. Hai diferentes variantes por toda Europa e parte de África e Asia.

    2. Trompeta longa de metal que no medio fai unha rosca grande.

    3. Peza de metal, ferro ou madeira en forma de cornos, que se emprega para amarrar cabos de manobra. As súas formas deben ser lisas, xa que os cabos se usan para moitas faenas e o rozamento desgástaos rapidamente.

    4. Asa de metal ou madeira dun barco que se emprega para amarrar os cabos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación coral fundada en 1981. A partir de 1986 comezou unha nova andaina da man da súa directora Margarita Guerra e tivo como principal obxectivo a mellora da técnica vocal. O seu repertorio abrangue máis de duascentas obras de polifonía profana e relixiosa, coros de ópera e zarzuela, folclore e cantigas galegas. Pertencente á Federación Coral Galega (FECOGA), participou nas programacións culturais do Concello de Vilagarcía, da Deputación Provincial de Pontevedra, de FECOGA e da Federación de Círculos y Casinos de Galicia, e ofreceu concertos en toda Galicia. Obtivo o primeiro Premio do I Certame Coral de Noia (1989) e o Premio de Interpretación da I Mostra de Panxoliñas Xacobeo ‘93. Participou en varias edicións do Festival de Ópera da Coruña, interpretando coros de óperas (Marina, La Traviata, Fausto, etc) da autoría de, entre outros, Donizetti, Arrieta, Verdi, Massenet, Gounod e Pucini, acompañada da Sinfónica de Galicia e da Orquestra do Norte de Portugal,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e debuxante. Fillo de José Corral Díaz, a quen considera o seu mestre. Graduouse en cerámica na Escola de Artes Plásticas e Deseño de Lugo e foi profesor da Escola Provincial de Ourense dende 1982 e da Escola de Arte Antonio Faílde dende 1990. A súa obra caracterízase polo dominio do debuxo, da cor e da luz. Pintou interiores de edificios relixiosos, nos que experimentou coa luz, e realizou murais cerámicos. Obtivo numerosos primeiros e segundos premios en certames provinciais (1956-1964), catro premios nacionais, e participou en diversas mostras, como a de Mestres Pintores (Ourense, 2001). Da súa produción destacan O Pórtico da Gloria, Nave da catedral de Ourense e O deambulatorio do mosteiro de Oseira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de relatos breves da autoría de Afonso Daniel Rodríguez Castelao. Editou o seu primeiro libro a partir de 1926 na Editorial Lar da Coruña; en 1929 apareceu o segundo, tamén na Coruña, na editorial Nós. Xa en 1934, con este último selo editorial, pero agora en Santiago de Compostela, o autor reunía nun único e definitivo volume o publicado nos dous anteriores. Varias das pezas artístico-literarias que Castelao bautizou como “Cousas” apareceron en diversas publicacións (El Pueblo Gallego, Nós, Alma Gallega, Céltiga, Terra) e, malia o anunciado pola editorial Nós, despois de 1934 non apareceron novos libros co título de Cousas. Para Carballo Calero nesta obra hai un feixe de “prosas ilustradas (...) que constitúen a máis orixinal creación literaria de Castelao”. Son, en conxunto, 44 pezas que, en perfecta simbiose, reúnen breves textos de prosa coas súas correspondentes ilustracións. A única excepción é “A carón da natureza”, texto...

    2. Todo aquilo que existe ou é susceptible de existir como entidade independente, sexa material ou espiritual, concreto ou abstracto, animado ou inanimado.

    3. Aquilo que é inanimado, en oposición ao vivente.

      1. Aquilo que é real, concreto ou esencial, en oposición ao ideal, abstracto e aparente.

      2. Entidade individual e material. Foi un dos cinco conceptos transcendentais para os escolásticos. Tradicionalmente, vinculouse a noción de cousa coa de substancia, pois ambas as dúas posúen propiedades. Na filosofía moral emprégase en contraposición ao concepto de persoa.

    4. Aquilo que se fai, se di, se pensa, se sabe ou se coñece.

    5. Acontecemento, circunstancia ou situación que lle afecta a alguén.

      1. Asunto, cuestión ou materia sobre un tema determinado.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Todo aquilo que existe ou é susceptible de existir como entidade independente, sexa material ou espiritual, concreto ou abstracto, animado ou inanimado.

    2. Aquilo que é inanimado, en oposición ao vivente.

      1. Aquilo que é real, concreto ou esencial, en oposición ao ideal, abstracto e aparente.

      2. Entidade individual e material. Foi un dos cinco conceptos transcendentais para os escolásticos. Tradicionalmente, vinculouse a noción de cousa coa de substancia, pois ambas as dúas posúen propiedades. Na filosofía moral emprégase en contraposición ao concepto de persoa.

    3. Aquilo que se fai, se di, se pensa, se sabe ou se coñece.

    4. Acontecemento, circunstancia ou situación que lle afecta a alguén.

      1. Asunto, cuestión ou materia sobre un tema determinado.

      2. cousa pública

        Conxunto dos asuntos de goberno da comunidade política.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO