"Ube" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 248.

  • IGREXAS

    Igrexa situada en Ribadeo construída entre os ss XVII e XVIII sobre un castro. Consta de tres naves e unha ábsida, a nave central cóbrese con bóveda de media lúa e as laterais e a ábsida con bóveda de aresta. Cómpre destacar que nas naves laterais a clave está descentrada. A cada lado da ábsida sitúanse dúas sancristías datadas, segundo as inscricións das portas, en 1795 a dereita e en 1782 a esquerda. No interior destacan dous retablos barrocos do s XVIII, un deles cunha imaxe de Cristo de brazos articulados. No exterior, cómpre salientar a fachada principal cun pórtico aberto con tres entradas e espadana dun só corpo con dous vans (1794). Nunha esquina sitúase unha torre cun reloxo de sol de 1795.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (4.715 h [1996]). Cultívanse principalmente cereais. As industrias máis destacadas son do ramo da construción e da produción de enerxía (centrais térmicas de Besós). O municipio comprende gran cantidade de urbanizacións, construídas a raíz do proceso de periurbanización barcelonés, polo que o seu incremento demográfico foi espectacular nas dúas últimas décadas do s XX, durante as que duplicou a súa poboación. No seu patrimonio cultural destaca o castelo de Cubelles e a igrexa parroquial de Santa Maria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do apelido galego Cuvelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e ilustrador gráfico. Colaborou en diversos cómics, como El Patito Feo, editado en Ferrol entre 1982 e 1985, Fat City (1985), e El Cucú (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aquilo que se coloca sobre unha cousa para tapala ou resgardala.

      1. Estrutura que, colocada sobre un edificio, o protexe das inclemencias do tempo, especialmente da chuvia e da neve. Para iso ten superficies pendentes por onde a auga ou a neve escorregan cara ao exterior do edificio. A pendente é máis pronunciada nos lugares onde a acumulación de neve podería representar un exceso de peso, e pode ser máis suave cando se prevé, unicamente, a eliminación da auga. Os materiais empregados teñen que ser impermeables e moi resistentes aos axentes atmosféricos para que conserven, co paso do tempo, as súas propiedades. A situación do edificio, xunto coas razóns económicas, condicionaron o emprego dun determinado material ou doutro. As técnicas modernas abarataron o custe de fabricación e o transporte de grandes cantidades de materiais, e uniformaron este tipo de produtos. Dende un punto de vista histórico, os primeiros materiais empregados foron peles de animais, herbas e palla, mentres que os troncos e as pólas das árbores cravados no chan serviron de elementos...

      2. cuberta a unha auga

        Estrutura de protección que ten unha soa vertente e que se apoia no muro de maior altura.

      3. cuberta a dúas augas

        Estrutura de protección que presenta dúas pendentes.

      4. cuberta a catro augas

        Estrutura de protección que presenta catro vertentes.

      5. cuberta colgante

        Teito que está sostido por cables.

      6. cuberta de pavillón

        Estrutura de protección que presenta os catro lados inclinados unidos no vértice e cun hastial na base de cada un deles. Foi moi habitual na arquitectura románica.

      7. cuberta de tercios

        Trabes horizontais que lle proporcionan rixidez á armadura da cuberta.

      8. cuberta en dente de serra

        Estrutura de protección asimétrica formada por pequenas cubertas de sección triangular, paralelas entre si, e que ten o faldrón máis curto.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de cubrir ou cubrirse.

      1. Aplícase á torre ou á fonte cun tellado puntiagudo, xeralmente dun esmalte diferente.

      2. Aplícase á copa ou ao copón provistos dunha tapa.

    2. Aplícase ao estado do ceo cando a nubosidade total é superior a sete oitavos.

    3. Construción ao pé da casa onde se pode estar ou ter diversas cousas, ao abrigo da intemperie, especialmente na que se gardan os aveños de labranza.

    4. Aplícase ao viño ben pigmentado, con cores densas.

    5. Recipiente semellante a un caldeiro, normalmente de menor tamaño e con mango ou asa, con varias utilidades.

      1. Aplícase á torre ou á fonte cun tellado puntiagudo, xeralmente dun esmalte diferente.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de cubrir ou cubrirse.

      1. Aplícase á torre ou á fonte cun tellado puntiagudo, xeralmente dun esmalte diferente.

      2. Aplícase á copa ou ao copón provistos dunha tapa.

    2. Aplícase ao estado do ceo cando a nubosidade total é superior a sete oitavos.

    3. Construción ao pé da casa onde se pode estar ou ter diversas cousas, ao abrigo da intemperie, especialmente na que se gardan os aveños de labranza.

    4. Aplícase ao viño ben pigmentado, con cores densas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recipiente semellante a un caldeiro, normalmente de menor tamaño e con mango ou asa, con varias utilidades.

    2. Recipiente, xeralmente rectangular e pouco profundo, de distintos materiais (plástico, vidro ou porcelana) que se emprega nos laboratorios para conter líquidos con distintas finalidades.

    3. Recipiente pequeno, cheo de mercurio, onde vai introducido o extremo inferior aberto do tubo dun barómetro.

      1. Depresión no terreo sen saída ao exterior.

      2. cubeta cárstica

        Depresión producida por procesos de disolución en rochas cársticas.

      3. cubeta estructural

        Depresión producida por un efecto tectónico de afundimento, por fallas ou pola interferencia de dous dobramentos sinclinais.

      4. cubeta glacial

        Depresión producida por sobreescavación glacial.

      5. cubeta sedimentaria

        cunca sedimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barril de pequeno tamaño para gardar viño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto holandés. Estudiou na Academia de Anveres e exerceu como arquitecto municipal de Roermond. Discípulo de Viollet-le-Duc, traballou na restauración da catedral de Maguncia. Construíu numerosas igrexas en estilo neogótico, entre as que destacan a de St. Catharina en Eindhoven (1859) e St. Wilibrordus (1864-1866) en Amsterdam. Realizou tamén o Rijksmuseum de Amsterdam (1877-1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Félix Rubén García Sarmiento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta francés. Foi reitor do colexio dos xesuítas en Estrasburgo e destacou como predicador. No 1700 foi designado confesor de Filipe V polo seu avó Luís XIV. Interveu nos asuntos políticos do reino ata que caeu en desgraza fronte ao partido da princesa dos Ursinos e tivo que volver a Francia (1705). Exerceu novamente como confesor real dende 1716 ata a súa morte, suceso vinculado cunha intriga na que participou o rexente francés, o duque de Orléans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista francés. Colaborou con Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon, nas descricións anatómicas de mamíferos da Histoire naturelle (Historia natural, 1749-1804) e interveu en diferentes intentos de aclimatación de animais domésticos exóticos en Francia. Foi o primeiro director e catedrático de Mineraloxía do Muséum National d’Histoire Naturelle.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. descubrimento.

    2. Saída de recoñecemento que fai unha tropa para comprobar a situación do inimigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. desacubillar.

    2. de descubrir ou descubrirse. Na tradición oral recóllense ditos como: “Non hai nada encuberto que non sexa descuberto.”

    3. Que está sen cubrir.

      1. Que non está debidamente arroupado.

      2. Que non cobre a cabeza con chapeu ou con outra peza similar.

    4. Que non ten protección.

    5. Situación que resulta da existencia de saldos debedores na conta corrente bancaria. O sistema financeiro español non acepta o descuberto como un sistema de crédito e considérao sempre como unha situación provisional. OBS: Emprégase a expresión en decuberto para indicar que algo carece de fondos para satisfacer unha débeda ou cargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de descubrir ou descubrirse. Na tradición oral recóllense ditos como: “Non hai nada encuberto que non sexa descuberto.”

    2. Que está sen cubrir.

      1. Que non está debidamente arroupado.

      2. Que non cobre a cabeza con chapeu ou con outra peza similar.

    3. Que non ten protección.

    4. Situación que resulta da existencia de saldos debedores na conta corrente bancaria. O sistema financeiro español non acepta o descuberto como un sistema de crédito e considérao sempre como unha situación provisional. OBS: Emprégase a expresión en decuberto para indicar que algo carece de fondos para satisfacer unha débeda ou cargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insecticida do grupo das benzoilureas que actúa como regulador do crecemento dos insectos e que inhibe a formación de quitina ao ser inxerido. Está autorizado en cultivos de cogomelos e árbores froiteiras. Tamén se utiliza en áreas forestais, xardíns e lamazais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1985), ampliou estudios en Florencia, Boloña e París, e doutourouse en 1990 coa tese Estrutura y comportamientos familiares en la Galicia de fines del Antiguo Régimen. Foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela ata 1993 e profesor titular de historia moderna da Universidad de Oviedo ata 1995, data en que se reincorporou á Universidade de Santiago de Compostela. As súas investigacións centráronse no eido da demografía histórica, da historia da familia e da análise historiográfica. Colaborou, entre outras publicacións, en Annales de Démographie Historique, Continuity and Change, Boletín de la Asociación de Demografía Histórica Española e Grial. Tamén colaborou en distintas obras, como El Reino de Galicia en la Monarquía de Felipe II (1998) e El reino de Galicia en la época del Emperador Carlos V (2000). Cómpre destacar as súas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro director de Galicia. Traballou nos planos de La Malagueta, praia urbana de Málaga (1721) e en 1737 elaborou un informe sobre a construción do templo dos xesuítas da Coruña realizado por Fernando de Casas.

    VER O DETALLE DO TERMO